Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OA 1.- Promover unha reflexión sobre os paradigmas didácticos implícitos nas prácticas docentes tradicionais da ensinanza da Filosofía, e fomentar hábitos que conduzan á súa transformación crítica e á innovación didáctica.
OA 2.- Coñecer o proceso de conformación das materias temáticas de Filosofía no currículo escolar e emitir opinións fundadas sobre os debates a que deu lugar no pasado e na actualidade.
OA 3.- Analizar de forma crítica os contidos que forman parte dos currículos da materia de Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato identificando os modelos didácticos que a inspiran.
OA 4.- Coñecer, revisar e tomar posturas fundadas sobre os grandes aspectos específicos da ensinanza da Filosofía no marco das ciencias sociais: metas educativas, competencias específicas, selección de contidos, estratexias didácticas, recursos de ensinanza e criterios e instrumentos de avaliación.
OA 5.- Analizar e valorar materiais e textos escolares para a ensinanza da Filosofía utilizando criterios rigorosos e congruentes cos resultados da investigación didáctica neste campo.
OA 6.- Coñecer o potencial educativo dos diferentes recursos didácticos utilizados na ensinanza da Filosofía, e ser capaces de formular propostas educativas concretas (unidades didácticas ou situacións de aprendizaxe) que contemplen o uso de diferentes recursos.
1. O lugar da Historia da Filosofía no currículo de Bacharelato
1.1. Xustificación da presenza da Historia da Filosofía no currículo.
1.2. A Historia da Filosofía nas diversas Leis de Educación.
1.3. Situación da Historia da Filosofía na LOMLOE.
2. A especificidade da didáctica de Historia da Filosofía.
2.1. Contidos baseados en autoras e autores.
2.2. Contidos baseados en problemas filosóficos.
3. O currículo da materia de Historia da Filosofía
3.1. Filosofía Antiga.
3.2. Filosofía Medieval.
3.3. Filosofía Moderna.
3.4. Filosofía Contemporánea
4. A proba da ABAU da materia de Historia de Filosofía
4.1. Estrutura da proba.
4.2. Opcións, cuestións, textos, autores/as.
4.3. A reforma da ABAU.
5. Materiais e recursos para a ensinanza da Historia da Filosofía.
5.1. Libros de texto e outros materiais.
5.2. Novas tecnoloxías e ensinanza da Filosofía.
5.3. Innovación educativa e ensinanza da Filosofía. Situacións de aprendizaxe.
6. Técnicas e instrumentos de avaliación en Historia da Filosofía.
Bibliografía básica de didáctica da Filosofía
Abad Bull, J. M. & Marqués Rodilla, C. (Coord.) (2004). Didáctica de la filosofía. Ministerio de Educación y Ciencia, Secretaría General Técnica.
Cifuentes, L. M., & Gutiérrez, J. M. (2010). Didáctica de la filosofía Ministerio de Educación de España. Graó.
Freire, P. (1965). Pedagogía como práctica de la libertad. Siglo XXI.
Hooks, Bell (2022). Enseñar pensamiento crítico. Rayo Verde.
Morin, E. (2019). Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Cooperativa Editorial Magisterio.
UNESCO. (2011). La Filosofía, una escuela de la libertad: enseñanza de la filosofía y aprendizaje del filosofar; la situación actual y las perspectivas para el futuro. México: UNESCO.
Bibliografía complementaria
Agís, M. (1997). Historias da Filosofía. Xerais.
Botton, A. (2013). Las consolaciones de la Filosofía. Taurus.
Cavallé, M. (2011). La sabiduría recobrada. Filosofía como terapia. Kairós.
Gaarder, J. (2010). El mundo de Sofía. Novela sobre la historia de la Filosofía. Siruela.
Gallardo, G. & Ybarz, L. M. (2021). Filósofas o barbarie. Ariel.
González Calero, P. (2010). Filosofía para bufones: Un paseo por la historia del pensamiento a través de las anécdotas de los grandes filósofos. Ariel.
Goñi, C. & Guembe, P. (2019). Educar con filosofía. Plataforma Actual.
Irwin, W., Conrad, M. T. & Skoble A. J. (2017). Los Simpsons y la filosofía. Blackie Books.
Marinoff, L. (2017). Más Platón y menos prozac. B de bolsillo.
Morris, T. & Morris, M. (2019). Los superhéroes y la filosofía. Blackie Books.
Muñoz, J. (2010). Prohibido pensar. Barcelona: Octaedro.
Pieper, J. (1989). Defensa de la Filosofía. Herder.
Savater, F. (2008). Las preguntas de la vida. Ariel.
Sztajnszrajber, D. (2020). Filosofía a martillazos. Ariel.
Competencias básicas:
CB1.- Coñecer os contidos curriculares das materias de Filosofía.
CB2.- Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensinanza e aprendizaxe da Filosofía.
Competencias xerais
CX3.- Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensinanza e aprendizaxe potenciando procesos educativos e metodoloxías que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de Filosofía atendendo ao nivel e formación previa do estudantado.
CX4.- Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia) procedente de distintas fontes, materias e disciplinas e aplicala aos procesos de ensinanza e aprendizaxe da Filosofía, transformada en coñecemento e aplicala nos procesos de ensinanza e aprendizaxe das materias da área.
Competencias específicas
CEE5.- Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensinanza e a aprendizaxe das materias correspondentes.
CEE6.- Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7.- Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
CEE8.- Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas do estudantado.
CEE9.- Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
CEE10.- Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo.
CEE11.- Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
Competencias transversais
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa, dialóxica e entre iguais baseada en problemas e orientada á capacitación e desenvolvemento das competencias docentes do estudantado, así como das habilidades brandas como o traballo en equipo, a creatividade, a resolución de problemas, o pensamento crítico, a comunicación eficaz, o crecemento persoal e o cambio social positivo.
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa,
- Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. Ao tempo, o alumnado elaborará a situación de aprendizaxe establecida para a avaliación da materia nas aulas interactivas contando coa colaboración do resto de integrantes do grupo de aula.
- Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre a elaboración da situación de aprendizaxe e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final:70 %
2.- Situación de aprendizaxe. Elaboración dunha situación de aprendizaxe con base no modelo facilitado polo docente. Será avaliada consonte á rúbrica de valoración facilitada polo docente e que estará dispoñible no Campus Virtual. Porcentaxe na cualificación final: 30%.
3.- Exame final: Exclusivamente, para o alumnado con dispensa de asistencia. O alumnado entregará unha situación de aprendizaxe consonte ao modelo facilitado polo docente. Será avaliada consonte á rúbrica de valoración facilitada polo docente e que estará dispoñible no Campus Virtual. Porcentaxe na cualificación final: 100%
A avaliación das competencias a través de cada unha das actividades distribúese do seguinte xeito:
Asistencia e participación CX1; CX2; CX3; CX4; CE5; CE6; CE7; CE8; CE9; CE10, CE11
Situación de aprendizaxe CX3; CX4; CE7; CE8; CE9; CE10, CE11
Exame final CX3; CX4; CE7; CE8; CE9; CE10, CE11
-6 créditos ECTS, 150h.
-Horas presenciais: 51h.
-Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clases Interactiva 24h.
-Horas non presenciais: 99h.
3 horas de lectura semanais de textos para aulas interactivas.
9,37 horas de estudo e preparación da situación de aprendizaxe
- É imprescindible unha asistencia regular. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia.
- Participar activamente nos debates e diálogos que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
1. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
2. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse preferentemente a través da aula virtual. Os traballos entregaranse en formato dixital.
3. Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
4. O alumnado está obrigado ao uso da conta de correo institucional “rai.usc”
5. O alumnado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade. 6. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola persoa docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. 7. O alumnado debe ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a persoa docente e o estudantado matriculado na materia. 8. É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |