Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 204 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia céntrase nos procesos de ensino e aprendizaxe. A gran finalidade da materia é proporcionar as claves necesarias para experimentar un modelo de Formación de Profesorado de Secundaria baseado en proxectos de aprendizaxe, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación e Arte (Agra, Eisner, Marín, Efland).
Ao longo da súa formación o alumnado deberá:
1. Mostrar unha actitude aberta, sensible e responsable acaída ás particularidades do contexto profesional docente.
2. Ser quen de artellar propostas didácticas creativas e significativas no ámbito da Educación Artística dentro do marco lexislativo e situadas en contextos concretos e diversos.
3. Demostrar capacidade para a busca de información en fontes axeitadas e empregar recursos didácticos variados e motivadores.
4. Facer reflexións críticas sobre os materias analizados.
5. Saber traballar en grupo mantendo unha actitude proactiva, colaborativa e respectuosa.
7. Saber elaborar documentos con calidade e formato académico.
Os contidos fúndense cos modos de actuar (o relativo á arte co campo da educación artística), sen perder de vista que se persegue un modelo de formación que esperte o interese e o coñecemento da arte contemporánea e que poida axudar aos futuros profesores de Secundaria a valorar o papel da arte na educación (e fóra dela), e a deseñar e reconsiderar a súa práctica. Debe atender aos contidos de forma integrada. En cada un deles, ademais de abordar os desenvolvementos teóricos, incídese nas propostas prácticas e aplicacións ao ensino e á aprendizaxe das materias da especialidade.
1. As características da aprendizaxe (conceptual, procedemental e actitudinal) na área de Educación Plástica e Visual. Enfoques históricos e contemporáneos. Os modelos de Educación Artística.
2. A programación do ensino das materias da especialidade dende unha perspectiva crítica. Propostas alternativas na Educación Artística formal e non formal.
3. Uso das TICs nos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias da especialidade e a coexistencia cos procesos hápticos, plásticos e visuais.
4. Atención á diversidade do alumnado: Arte e inclusión. A arte e a dimensión social. Enfoques híbridos (arte e etnografía).
5. A xestión e organización da aula de Educación Plástica e Visual. Materiais e recursos didácticos.
6. A avaliación do alumnado e do ensino. Obxectivos, criterios e instrumentos para a avaliación.
Básica:
ACASO LÓPEZ-BOSCH, M e MEGÍAS, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Barcelona, Paidós Educación
ACASO LÓPEZ-BOSCH, M. [et al.] (2011), Didáctica de las artes y la cultura visual, Tres Cantos, Akal.
EFLAND, A. D., FREEDMANY, K., STUHR, P. La educación en el arte posmoderno. Paidós.
EISNER, Y. W. (1995), Educar la visión artística, Barcelona, Paidós.
Revista EARI. Intestigación Educación Artística (disponible online)
Complementaria:
AGRA-PARDIÑAS, M.J. (2013). Historias entorno al arte y la educación artística: notas para un posible diario. USC.
BERGER, J.(2000) Modos de ver, Barcelona, Ed. Gustavo Gili
CHALMERS, F, GRAEME (2003), Arte, educación y diversidad cultural, Barcelona, Paidós.
DEWEY, J. (2008/1934), El arte como experiencia, Barcelona, Paidós.
DONDIS,D.La. (2002), La sintaxis de la imagen, Barcelona, Gustavo Gili.
EFLAND, La. D.; FREEDMAN, K. y STUHR, P.(2003) La educación en el arte postmoderno, Barcelona, Ed. Paidós, Arte y Educación.
EISNER, Y. W. (2004), El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia, Barcelona, Paidós.
HEARTNEY, Y. (2008), Art & Today, Ed Phaidon.
MARIN VIADEL, R. (Coord.) (2003), Didáctica de lana Educación Artística, Madrid, Pearson Educación.
MATTHEWS, J. (2002), El Arte de la infancia y la adolescencia: la construcción del significado, Barcelona, Paidós.
MESÍAS-LEMA, J.M. (2019. Educación artística sensible. Cartografía contemporánea para arteducadores. Graó.
MIRZOEFF, N., (2003), Una introducción a la cultura visual, Barcelona, Ed Paidós, Arte y Educación.
PARSONS, M. J. (2002), Cómo entendemos él arte: una perspectiva.
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente
CX2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos
CX3 - Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a
adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como
á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
CX4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento
e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
CX5 - Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do
mesmo CG6 - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos
estudantes
CX6 - Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades
entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións
e a construción dun futuro sostible
CX8 - Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros
e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais
CX9 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para
fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos
CX10 - Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura
na contorna no que está situado.
ESPECÍFICAS
CEE6 - Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
CEE7 - Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativo
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe
CEE10 - Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da
aprendizaxe e estímulo ao esforzo
Seguirase unha metodoloxía activa, reflexiva e colaborativa, baseada en proxectos e conversas colectivas con profesorado en activo (sempre que sexa posible) para que aporten achegas á materia sobre as realidades das aulas e de prácticas innovadoras que se están a facer nos centros educativos (IES) da nosa comunidade.
As tarefas do alumno (traballos, proxectos, lecturas e exposicións) serán orientadas polo profesor tanto na aula coma nas sesións de titoría.
A materia consta de 12 créditos ECTS, nos que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas por entender a docencia como un proceso artístico.
A nivel metodolóxico, as premisas básicas desta materia son:
• Pedagoxía colectiva, rizomática, e expandida.
• A creación de situacións como procedemento creativo e como ambientes de aprendizaxe
• Ensinar/aprender como unha forma de arte colaborativa.
• A implicación persoal.
En relación aos proxectos de Aprendizaxe artística, traballaranse, establecendo pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística, os seguintes aspectos:
• Aspecto perceptivo e produtivo, centrados na observación e creación de formas bidimensionais e tridimensionais.
• Aspecto cultural: valorar, apreciar e coñecer a arte, centrándose na actual para establecer pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística.
• Aspecto crítico - reflexivo, que relaciona os dous aspectos anteriores a través de estratexias de apreciación e reflexión artística como o debate, a crítica e a análise.
Se os orzamentos o permiten, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación co profesorado doutras materias.
Utilizarase a plataforma da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa.
A avaliación terá dous compoñentes:
1. Avaliación continua 40%
2. Avaliación de traballos e proxectos 60%
Terase en conta:
a. Para a avaliación continua (Observación da participación na clase). Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas. A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións teóricas e prácticas é obrigatoria.
b. Avaliación de traballos e proxectos: teñen carácter de exame final e inclúen os proxectos e a súa presentación e defensa. A nota final deste apartado extráese da media ponderada de todos os realizados. En cada proxecto inclúense aspectos como a implicación persoal, o rigor do proceso e o resultado, a procura de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación empregada e a posible posta en práctica.
Alumnado con dispensa: adaptaráselles a materia para que poida alcanzar as competencias necesarias mediante a asignación de traballos individuais. A súa avaliación terá igualmente dous compoñentes:
1. Avaliación continua: 25% (asistencia a titorías)
2. Avaliación de traballos, proxectos e probas escritas: 75%
Convocatoria de xullo:
O alumnado que non supere a materia na convocatoria común, terá que presentar novamente todos os traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Alumnado repetidor:
Deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Como consta na memoria da titulación, esta materia ten 12 créditos ECTS (300 h.) nas que está previsto que o alumnado dedique un total de 204 horas para actividades fóra do horario lectivo; 96 corresponden ao traballo dentro do horario académico.
O tempo de estudo e traballo persoal fora do horario académico inclúe a lectura e escritura de textos académicos, a experimentación sobre aplicacións didácticas de técnicas artísticas analóxicas e dixitais, a investigación documental e recollida de datos e a preparación de debates e presentacións.
Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
Seguir de xeito constante o material disposto na aula virtual, por ser necesario para o seguimento presencial nas aulas.
Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é recomendable atrasar a preparación da materia deixándoa para o final do curso).
Asistencia a clase:
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/poderanas solicitar dispensa de asistencia á clase ou exención oficial de docencia.
-Responsabilidade ambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, usar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non usar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
Se recomenda facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo habitual de aula como nos traballos académicos solicitados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá usar o teléfono móbil, excepto cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
-Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos.
- Para os casos de realización de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Guillermo Francisco Calviño Santos
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- guillermo.calvino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |