Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Total: 0
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Complementos formativos Doutorado RD99/2011
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia presenta unha revisión exhaustiva das principais liñas de investigación na análise macroeconómica dos mercados de traballo, tanto dende unha perspectiva teórica como empírica. A realidade dos mercados de traballo en Europa está asociada a niveles elevados e persistentes de desemprego, cuxa explicación ten sido abordada dende perspectivas teóricas moi diferentes. Nesta materia preséntaselle ó alumno unha panorámica xeral da visión macroeconómica do funcionamento dos mercados de traballo, aínda que baseándonos sempre nunha fundamentación microeconómica de ditas teorías. Esta revisión dota ó alumno dunha visión de conxunto dos principais modelos macroeconómicos de funcionamento do mercado de traballo, así como das principais técnicas empíricas para a súa análise. Neste sentido, a materia proporciona un equilibrio entre teoría e práctica, amosando a necesaria complementariedade entre ambas.
O obxectivo xeral da materia é fornecer ós alumnos dun bloque teórico e empírico de análise macroeconómica dos mercados de traballo que lles proporcione unha referencia de cara ó desenvolvemento da tese de doutoramento. A revisión das principais liñas de traballo desenvolvidas ata agora fixarán a posición da fronteira do coñecemento no tema, e permitirá ó alumno identificar as posibles vías polas que dita fronteira pode ser expandida.
Como resultado final preténdese que o alumno domine as principais liñas de investigación que teñen abordado o funcionamento dos mercados de traballo, así como as principais técnicas de análise teórica e empírica. O futuro doutorando disporá ó finalizar a materia, dun conxunto de modelos e técnicas que lle servirán para o seu traballo na tese de doutoramento.
Obxectivos específicos
1. Identificar as grandes liñas de análise macroeconómica dos mercados de traballo.
2. Coñecer a fundamentación microeconómica dos principais modelos macroeconómicos.
3. Determinar o grado de interrelación entre a evolución dos agregados macroeconómicos e o estado do mercado de traballo.
Tema 1. O mercado laboral competitivo
• Medindo a Economía: indicadores e fluxos do mercado de traballo.
• O paro, a taxa de paro e a taxa natural de paro
• O mercado laboral competitivo
• Explicacións do golpe de fricción e estrutural
Tema 2. O mercado laboral nun contexto non competitivo
• A curva de prezos
• A curva de fixación salarial
• Nivel natural de desemprego e nivel natural de produción
• Políticas do Mercado de Traballo para facer fronte ao desemprego e á desigualdade
Tema 3. Paro oficial e medidas alternativas
• Desemprego: estimación e rexistro
• Medidas alternativas: ausencia ao traballo
• Subutilización do factor traballo: Ninis, Erte, traballadores desanimados
Tema 4. A dimensión territorial do mercado de traballo.
• Áreas funcionais fronte aos mercados de traballo locais
• Determinación dun Mercado Local de Traballo
Tema 5. Integración económica e mercado de traballo
• Efectos da integración comercial
• Efectos do Mercado Único Europeo
• A integración do mercado de traballo
Tema 6. Estudos de impacto económico: introdución á análise input-output
• Modelos de impacto económico
• Multiplicadores de postos de traballo
Bibliografía básica
Card, D. y O. Ashenfelter (2010): Handbook of Labour Economics. North-Holland Elsevier.
Layard, R. , Nickell, S. and R. Jackman (1991) Unemployment: macroeconomic performance and the labor market. Oxford Univ. Press, Oxford
Romer, D. (2011):”Advanced Macroeconomics”. McGraw-Hill.
Bibliografía complementaria
Baldwin, R., y Wyplosz, C. (2019): The Economics of European Integration (8ª Ed), MacGraw-Hill, UK.
Bande, R. (2002a):“Ajustes Dinámicos en las Tasas de Desempleo: España Vs. Portugal”. IDEGA, Área de Análisis Económico, Documento de Trabajo nº 20 (2002).
Bande, R. (2002b):“Lagged Adjustment Processes and the Natural Rate: A Comparison with Portugal”. IDEGA, Área de Análisis Económico, Documento de Trabajo nº 21 (2002)
Bande, R., Fernández, M. y V. Montuenga (2007):“Regional Disparities in the Unemployment Rate: The Role of the Wage Setting Mechanism”. Regional Studies, vol. 41.2, pp.235-251, (2007).
Bande, R., Fernández, M. y V. Montuenga (2008):”Regional Unemployment in Spain: Disparities, Business Cycle and Wage Setting”. Labour Economics, vol 15(5), pp. 885-914, (2008).
Bande, R., Fernández-Grela, M. y D. Riveiro (2014):”Consumption, Saving, Investment, and Unemployment. SVAR Tests of the Effects of Changes in the Consumption-Saving Pattern”, Cogent Economics & Finance, aceptado para publicación.
Bande, R. y M. Karanassou (2008): "Labour Market Flexibility and Regional Unemployment Rate Dynamics: Spain (1980-1995)”. Papers in Regional Science (2009), vol 88(1), pp.181-207. doi:10.1111/j.1435-5957.2008.00165.x
Bande, R. y M. Karanassou (2013a):“The NRU and the Evolution of Regional Disparities in Spanish Unemployment”. Urban Studies. 50(10), 2044-2062, doi: 10.1177/0042098013477695 (2013)
Bande, R. y M. Karanassou (2013b):"Spanish Unemployment Revisited: The role of Capital Accummulation". Regional Studies Published online before print, 10th April, 013, doi: 10.1080/00343404.2013.779657(2013)
Bande. R. y D. Riveiro (2013a): "Private Saving Rates and Macroeconomic Uncertainty: Evidence from Spanish Regional Data. The Economic and Social Review, vol 44(3), pp. 323-349.
Bande, R. y D. Riveiro (2013b):“The Consumption-Investment-Unemployment Relationship in Spain: An Analysis with Regional Data”. Theoretical and Practical Research in Economic Fields, Vol IV, issue 1(7), pp. 5-24 (2013)
Blanchard O (2006) European unemployment: the evolution of facts and ideas. Economic Policy, 45:5–59
Blanchard OJ, Summers L (1986) Hysteresis and the European unemployment problem. NBER Macroeconomics Annual 1:15–71
Blanchard OJ, Wolfers J (2000) The role of shocks and institutions in the rise of European unemployment: the aggregate evidence. Economic Journal 110(462):1–33
Grubb D (1994) Unemployment and related welfare benefits. OECD Jobs Study, Chapter 8. OECD, Paris
Henry, S.G.B., Karanassou, M., and D. J. Snower (2000), Adjustment Dynamics and the Natural Rate: An Account of the UK Unemployment, Oxford Economic Papers, 52, 178-203
Kapadia S (2005) The capital stock and equilibrium unemployment: a new theoretical perspective. Discussion Paper Series 181, Department of Economics, University of Oxford
Karanassou, M., and H. Sala (2012), Inequalities and Employment Sensitivities to the Falling Labour Share, The Economic and Social Review, 46, 343-376.
Karanassou, M., and H. Sala (2009), The Rise and Fall of Spanish Unemployment: A Chain Reaction Theory Perspective, International Papers in Political Economy, ch. 6, 209-254. Palgrav
Competencias xerais do doutoramento as que contribúe a materia
Básicas
CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Outras competencias
OC3 - Desenvolver a capacidade crítica, impulsar a inquietude e o interese investigador, especializarse no manexo de material bibliográfico, especializarse na utilización de bases de datos e programas informáticos que faciliten o seu tratamento, aprender a transmitir de forma adecuada os desenvolvementos da súa capacidade investigadora a través da confección de artigos científicos e relatorios en congresos.
OC5 - Aplicar os criterios e a metodoloxía da análise económica para obter procedementos xerais de deseño e análise de política públicas: estruturación de problemas, prognóstico, recomendación e avaliación.
OC7 - Aplicar os principios da análise económica para entender a complexidade do mercado de traballo e o seu funcionamento.
OC12 - Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
Competencias específicas da materia
E1. Evaluar diferentes enfoques teóricos fronte á realidade económica dos mercados de traballo.
E2. Adquirir e manexar con soltura diferentes metodoloxías de investigación.
E3. Deseñar propostas de política económica tendentes a mellorar o funcionamento do mercado de traballo.
E4. Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina
As clases expositivas consistirán en clases de encerado, consistentes en leccións impartidas polos profesores, adicadas á exposicion dos contidos teóricos da materia.
Nas clases interactivas analizaranse diversas apliacións prácticas dos contidos teóricos.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se realicen ó longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe a materia, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
A avaliación terá en conta os seguintes aspectos:
1. A asistencia e participación nas actividades de clase
2. A resolución e debate de casos prácticos
3. Presentación individual e en grupo de traballos encomendados
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
As horas estimadas de adicación á materia son 120, distribuídas do seguinte xeito:
1. Horas presenciais: 40
2. Docencia interactiva: 40
3. Horas non presenciais estimadas: 80
A asistencia ás sesións e a revisión da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento da materia.
As titorías poden ser presencias ou por vía telemática.
Melchor Fernandez Fernandez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811551
- Correo electrónico
- melchor.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade