Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 29 Clase Interactiva: 10 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral é adentrarnos na comprensión dalgúns aspectos centrais do comportamento humán (emocións, motivación, aprendizaxe, memoria) dende as perspectivas que nos ofrecen as denominadas neurociencia condutual, neurociencia cognitiva e neurociencia afectiva. Ademais, plantexaranse algúns obxectivos de carácter transversal orientados ao logro de determinadas competencias.
1. Introdución á Neurociencia Condutual, Cognitiva e Afectiva.
2. Fundamentos de técnicas e procedementos de estudo das bases neurais dos procesos cognitivos e conductuais. Da investigación animal á investigación humana.
3. Psicobioloxía da aprendizaxe e memoria
4. Bases fisiolóxicas das emocións e as motivacións.
Bibliografía básica:
Carlson, N.R. (2018). Fisiología de la conducta (12ª Ed.). Madrid: Pearson – Addison Wesley.
Bibliografía complementaria:
Banich, T. y Compton, R.J. (2018). Cognitive Neuroscience (4th Ed.). Cambridge University Press.
Bear, M.F., Connors, B. y Paradiso, M. (2016). Neurociencia. La exploración del cerebro (4ª Ed). Wolters Kluwer, Lippincott Williams & Wilkins.
Carretié Arangüena, Luis (2021). Anatomía de la mente: Emoción, Cognición y Cerebro (3ª Ed.). Madrid: Ediciones Pirámide.
Kolb, B., Wishaw, I.Q. (2017). Neuropsicología humana. Buenos aires: Editorial Médica Panamericana.
Purves, D., Cabeza, R., Huettel, S.A., LaBar, K.S., Platt, M.L. y Woldorff, M.G. (2013). Principles of Cognitive Neuroscience (2nd Ed.). Sunderland (Massachusetts): Sinauer.
Redolar Ripoll, D. (2023). Neurociencia cognitiva (2ª Ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Ward, Jamie (2020). The student’s guide to Cognitive Neuroscience (4th Ed.). Milton Park, Abingdon, Oxon: Routledge.
A materia de Neurociencia do Comportamento contribúe á adquisición das seguintes competencias da titulación:
Xerais:
CX.1. Desenvolver as capacidades cognoscitivas e metodolóxicas necesarias para o exercicio profesional
CX.2. Aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas.
CX.3. Utilizar o razoamento crítico baseado en feitos contrastados, así como a capacidade de análise e síntesis.
CX.4. Comunicar ideas, conceptos e datos científicos de modo claro e preciso, tanto de forma oral como escrita.
CX.5. Adquirir habilidades que permitan dirixir o seu autoaprendizaxe ao longo da vida profesional.
Específicas:
CE.1. Coñecer e comprender os aspectos estructurais, moleculares, xenéticos e funcionais avanzados do sistema nervioso normal.
CE.3. Utilizar con propiedade e precisión os términos e conceptos da materia.
CE.4. Comprender e aplicar as técnicas neuroanatómicas, neuroquímicas, neurofisiolóxicas, neurofarmacolóxicas, de bioloxía molecular e clínicas actuales para a investigación en Neurociencia.
Ademáis as diferentes actividades permitirán a adquisición de competencias de carácter máis transversal como son:
- Adquisición da habilidade para actualizar coñecementos, a través do manexo de bases de datos informatizadas (Medline, Psycinfo)
- Adquisición do hábito de lectura e de utilización de fontes complementarias ás sesións expositivas na preparación da materia.
- Capacidade para ler e interpretar información científica en inglés.
- Capacidade para realizar revisións críticas da literatura científica.
As clases expositivas utilizaranse para afondar nos tópicos principais do programa, que serán ilustradas con algunhas presentacións audiovisuais pertinentes aos temas a tratar. Enténdense, non obstante, as clases expositivas como un tempo de utilización múltiple, que en ocasións se dedicará á realización das tarefas por parte dos estudantes, tales como interpretación de figuras relevantes, comentarios de grupo sobre algún aspecto da exposición, formulación de cuestións, etc.
As clases interactivas consistirán no traballo aplicado sobre investigacións publicadas en revistas de impacto, con énfase nos aspectos metodolóxicos no eido da neurociencia cognitiva e afectiva.
Previamente, facilitarase o acceso ao material a través das TIC. Isto facilitará o seguimento da clase e reducirá a necesidade de tomar notas. Ademais, recomendarase a lectura de bibliografía avanzada.
As actividades de traballo autónomo do estudante inclúen a lectura de materiais seleccionados fundamentalmente polo profesor/a, dacordo co traballo de curso a realizar e como complemento do/s manual/is de estudo.
- Os/as alumnos/as deben superar un exame que representará o 70% da nota final. O aprobado está en 5 sobre 10.
- O seguimento activo das clases e a realización das actividades propostas polo/a profesor/a suporá un 30% da nota final.
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 100 horas. Ademais das sesións presenciais (ás que se dedicarán un total de 39 horas), o traballo persoal do alumno centrarase na lectura de bibliografía (aproximadamente 25 horas) e a preparación das restantes actividades (aprox. 35 horas, máis unha de titorías).
- Estudo da materia conforme se desenvolve o programa.
- Asistencia regular ás clases teóricas e prácticas.
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Aproveitamento das titorías.
Santiago Galdo Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813701
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Samuel Suarez Suarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- samuel.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
13.12.2024 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
09.06.2025 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |