Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos presentados

Desenvolvemento da identidade. Comparativa entre cursos.
Autoría
A.A.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o desenvolvemento da identidade na adolescencia desde unha perspectiva educativa, aplicando o modelo de dobre ciclo de Luyckx et al. (2008) e a escala DIDS. O estudo realizouse cunha mostra de alumnado de 15 a 18 anos dun centro rururbano galego, examinando as diferenzas segundo variables como idade, curso, xénero, rendemento académico, estrutura familiar, nivel de estudos dos proxenitores, crenzas relixiosas e participación en actividades extraescolares. Aínda que moitas das diferenzas non foron estatísticamente significativas, observáronse tendencias consistentes: a claridade e o compromiso coa identidade aumentan coa idade e o nivel educativo, mentres que a exploración ruminativa tamén se intensifica nos tramos finais da adolescencia. Ademais, certos factores contextuais, como ter irmáns maiores, pertencer a familias con maior capital educativo ou participar en actividades extracurriculares, parecen favorecer perfís identitarios máis consolidados. Os resultados destacan a importancia de atender á diversidade de traxectorias e contextos no acompañamento vocacional do alumnado, reforzando o papel da escola como espazo clave no apoio ao desenvolvemento identitario.
Dirección
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Proposta didáctica para o alumnado de Bacharelato: A tecnoloxía sostible aplicada aos consumos enerxéticos domésticos
Autoría
J.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
Resumo
A integración de competencias sobre sustentabilidade dentro do currículo das distintas etapas educativas pretende fomentar o compromiso do alumnado co respecto e a protección do medio ambiente. O presente traballo constitúe unha proposta didáctica para a materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato centrada na tecnoloxía sostible aplicada aos consumos enerxéticos domésticos. Nela traballaranse principalmente os conceptos de aforro enerxético e sustentabilidade dos recursos. No deseño da proposta explóranse as potencialidades da gamificación como metodoloxía didáctica na que o alumnado asume un rol activo no seu proceso formativo. Para isto, o alumnado será o encargado de deseñar e poñer en práctica diferentes propostas educativas lúdicas como xincanas ou breakouts educativos. Os resultados buscan acadar unha aprendizaxe significativa do alumnado procurando que os contidos sexan relevantes e aplicables á vida cotiá.
Dirección
ARTO BLANCO, MONICA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Resolución dun problema ambiental local dende unha aula de secundaria.
Autoría
C.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster levou á aula unha controversia sociocientífica próxima ao alumnado de 4º da ESO do IES Ánxel Fole (Lugo): o proxecto de instalación dunha planta de biometano en Coeses. Para o seu desenvolvemento empregáronse metodoloxías activas como a lectura crítica de artigos xornalísticos, a argumentación a través dun xogo de rol e á redacción dun texto argumentativo. Con estas actividades, traballáronse competencias como a alfabetización científica, o pensamento crítico e a capacidade de argumentación, cun enfoque contextualizado e tendo sempre en conta os contidos establecidos no currículo oficial. Os resultados obtidos amosan que a maioría do alumnado mellorou a comprensión da problemática e valorou positivamente o traballo cooperativo e o tratamento das cuestións sociais na aula. Porén, tamén se identificaron dificultades na elaboración de argumentos propios e na reflexión crítica. Isto manifesta a necesidade de traballar estas competencias de forma continuada ao longo do curso. En definitiva, tras a intervención conclúese que é viable e enriquecedor abordar as controversias sociocientíficas nas aulas de secundaria, xa que contribúen á formación dunha cidadanía máis informada e comprometida coa súa contorna.
Dirección
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Ensino de hábitos saudables a través de metodoloxías activas na materia de Bioloxía e Xeoloxía en 3º de ESO
Autoría
D.D.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo propón unha intervención didáctica dirixida ao alumnado de 3 de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables desde unha perspectiva próxima e participativa para o alumnado. A través de metodoloxías activas, como o uso do método científico, a reflexión sobre os propios hábitos ou a análise crítica da información, búscase que o alumnado desenvolva competencias útiles para a súa vida cotiá, como o pensamento crítico, a toma de decisións informadas ou o uso responsable das tecnoloxías. A proposta estrutúrase en tres actividades que conectan directamente coa realidade do alumnado: a creación e seguimento dunha rutina de exercicio físico, a análise de etiquetas nutricionais e a detección de bulos sobre saúde en redes sociais. Todas as actividades están aliñadas co currículo e permiten traballar de forma integrada diferentes competencias clave. Aínda que esta intervención non puido implementarse na aula durante o período de prácticas, o deseño parte dun coñecemento real do contexto educativo galego e exponse con intención práctica e adaptable. Contémplanse posibles obstáculos, como a falta de tempo ou recursos, ofrecendo alternativas como a adaptación de materiais ou o uso de ferramentas dixitais gratuítas. En conxunto, esta proposta pretende achegar a educación para a saúde á experiencia do alumnado e fomentar unha actitude activa, reflexiva e responsable respecto a a súa propia saúde e benestar.
Dirección
VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Cidades verdes: unha proposta educativa sobre a flora urbana espontánea no bacharelato.
Autoría
E.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
Resumo
A flora urbana, malia ser a forma de vexetación máis accesible e presente na vida cotiá da maioría das poboacións humanas, adoita ser ignorada. Porén, a súa presenza nas contornas urbanas é moi importante e beneficiosa, resultando fundamental para o deseño de cidades resilientes e sustentables. No presente traballo, deseñouse unha proposta de ensinanza para abordar a flora urbana co alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais. Empregáronse metodoloxías activas de aprendizaxe, como a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) e a aprendizaxe cooperativa, co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe significativa e incrementar a motivación do alumnado. A través de oito actividades diferentes repartidas en dez sesións, este traballo busca promover no alumnado actitudes de valoración do medio ambiente e compromiso cun modelo de desenvolvemento sustentable.
Dirección
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Percepcións do profesorado na análise do absentismo escolar
Autoría
R.F.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
Resumo
O absentismo escolar é un fenómeno heteroxéneo que afecta de maneira directa ao rendemento académico, á equidade educativa e ao dereito fundamental da educación. Non existe unha definición verdadeira a esta problemática, sendo a súa orixe unha combinación de varios factores de carácter persoal, familiar, social e escolar. O obxectivo do presente traballo fin de máster é analizar a percepción do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato da provincia de A Coruña sobre o absentismo escolar. Identifícanse as características deste alumnado, as causas principais e medidas existentes de prevención e atención dispoñibles, sen esquecer as diferentes propostas de mellora dende a súa perspectiva. Emprégase unha metodoloxía descritiva a través dun cuestionario de elaboración propia, combinando preguntas pechadas e abertas. Os resultados sinalan a contorna familiar e a desmotivación do alumnado como causas prioritarias do absentismo, e reflicten unha visión crítica sobre a eficacia do actual Protocolo autonómico. O profesorado aposta por unha mellora na prevención e na coordinación entre institucións e familias, así como unha atención individualizada que permita intervir dende a realidade concreta de cada alumno/a.
Dirección
PRIETO VIGO, NURIA (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Aprendizaxe baseada en problemas e gamificación como estratexias para o ensino-aprendizaxe na ESO.
Autoría
A.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
Resumo
O estudo levado a cabo neste Traballo de Fin de Máster pretende conseguir unha maior motivación, participación e comprensión dos coñecementos científicos por parte do alumnado, ao mesmo tempo que intenta adaptarse ás súas características. Con este fin, combínanse dúas metodoloxías activas, a Aprendizaxe Baseada en Problemas (ABP) e a gamificación. A intervención educativa levouse a cabo nunha aula de 5 estudantes de 3º de ESO que cursaban a materia de Bioloxía e Xeoloxía nun centro urbano de Lugo. Esta estivo centrada, máis concretamente, na unidade “Saúde e enfermidade”. O obxectivo era que o alumnado, a través da realización de desafíos, simulacións e tarefas colaborativas, tratase situacións próximas á súa realidade, converténdose así no protagonista do seu proceso formativo. A análise da proposta realizouse mediante ferramentas como o pretest, o postest e a observación directa. Os resultados apuntan que, a pesar de que algúns integrantes do grupo presentan un avance notable nos coñecementos adquiridos, interese e participación, a maioría non acadou os obxectivos previstos, o que revela a necesidade de enfocar mellor os apoios e a personalizar a proposta.
Dirección
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Dificultades na aprendizaxe das ciencias en estudantes de ESO con Síndrome de Asperger
Autoría
C.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
Resumo
O Síndrome de Asperger (SA) é un Trastorno do Espectro Autista (TEA) que afecta ás relacións sociais e altera de maneira significativa o uso pragmático da linguaxe. Estas características teñen un impacto tanto na vida diaria como nas tarefas escolares. Este estudo ten como principais obxectivos: (i) avaliar o grao de coñecemento e formación do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) sobre o SA; (ii) identificar e cuantificar as dificultades xerais e específicas que afronta o alumnado con SA no ámbito científico; e (iii) deseñar unha proposta de intervención con estratexias dirixidas ao profesorado de secundaria especializado en materias científicas. Para isto, recolleuse información mediante un cuestionario distribuído entre profesorado que exercese ou exercera como docente na ESO. Os datos obtidos foron cuantificados, tratados estatisticamente e analizados. Como parte da proposta de intervención, elaborouse un listado de estratexias para que o profesorado poida abordar eficazmente as dificultades detectadas, contribuíndo así a mellorar a aprendizaxe do alumnado con SA na aula.
Dirección
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Desenvolvemento e avaliación de competencias STEM no alumnado de 1º de ESO a través do aprendizaxe por descubrimento no estudo dos ecosistemas.
Autoría
C.A.N.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
Resumo
No contexto actual a adquisición dun nivel adecuado de competencia STEM é fundamental, e aínda que se tomaron medidas legais e curriculares o alumnado de educación secundaria segue presentando carencias no nivel desta competencia. Comprobouse en diversos estudos que as metodoloxías activas xeran melloras significativas no nivel competencial do alumnado. Elaborouse e implantouse unha proposta educativa baseada na aprendizaxe por descubrimento guiado, para acadar unha aprendizaxe significativa e competencial e para mellorar o nivel de competencia STEM do alumnado. Realizouse con contidos de ecoloxía e sostibilidade. Analizouse o impacto na competencia STEM do alumnado mediante avaliacións pre-test e post-test. A investigación adoptou un enfoque cualitativo de estudo de caso e realizouse nun total de 6 sesións nun grupo de 1º da ESO. Como ferramentas de recollida de datos utilizáronse rúbricas, producións escritas e cuestionarios. A implantación da proposta foi efectiva e os resultados obtidos amosaron melloras en todos os descritores operativos da competencia STEM e un aumento na motivación do alumnado. Conclúese que a proposta baseada na aprendizaxe por descubrimento guiado foi efectiva para mellorar a competencia STEM en alumnado de 1º da ESO, as ferramentas empregadas permitiron avaliar a evolución do alumnado e a resposta deste foi positiva.
Dirección
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Titoría)
Tribunal
VELOSO FREIRE, JAVIER (Presidente/a)
MARCOS MARTINEZ, VERONICA (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Crise galega do granulado plástico e controversia sociocientífica: unha proposta de intervención educativa para a alfabetización en ciencias
Autoría
F.P.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
O 8 de decembro do 2023, o buque CSAV Toconao perdeu 26,25 toneladas de granulado plástico fronte a Viana do Castelo (Portugal), moitas das cales chegaron ás praias galegas desencadeando unha alerta ecolóxica que foi motivo de controversia a propósito da súa magnitude e impacto. As controversias sociocientíficas constitúen unha oportunidade idónea para a aprendizaxe das ciencias mediante a argumentación, situándoas no contexto cotián do alumnado. A argumentación é unha práctica científica e social que contribúe á sistematización do pensamento e á adquisición de habilidades de comunicación. No presente traballo, deseñouse unha proposta de intervención educativa baseada en datos reais composta de tres actividades: avaliación da dimensión do impacto ambiental, análise de discursos de distintos axentes sociais implicados e deseño de estratexias de prevención. Prevese que isto contribúa ao desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado, a desenvolver competencias relacionadas coa resolución de problemas e a promover actitudes favorables á sustentabilidade ambiental.
Dirección
FERNANDEZ MONTEIRA, SABELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Presidente/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Secretario/a)
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Vogal)
Proposta didáctica para o ensino da Física e Química en 4º curso da ESO mediante metodoloxías activas: indagación e gamificación
Autoría
P.Q.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
17.02.2025 17:00
Resumo
O emprego de metodoloxías activas de aprendizaxe é algo fundamental á hora de afrontar as necesidades de mellorar a ensinanza do enlace químico. Estes contidos, esenciais para comprender a reactividade química e as propiedades dos materiais, adoitan explicarse con métodos memorísticos e teóricos. A proposta didáctica inclúe unha actividade de indagación no laboratorio onde os estudantes investigan as propiedades de diferentes sustancias para identificar os enlaces químicos que estas presentan, e un xogo didáctico no que deben relacionar elementos químicos e explicar o tipo de enlace que os une. Estas metodoloxías fomentan a participación activa, o pensamento crítico e o traballo colaborativo. Os resultados obtidos durante a súa implementación mostran que os estudantes lograron relacionar os conceptos teóricos cos fenómenos reais, mellorando a súa comprensión e motivación pola química. En definitiva, o traballo destaca a importancia das metodoloxías innovadoras para promover competencias científicas e habilidades prácticas na educación secundaria obrigatoria.
Dirección
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
AZNAR CUADRADO, VIRGINIA (Presidente/a)
ARTO BLANCO, MONICA (Secretario/a)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Vogal)
Proposta didáctica para a inclusión na aula de alumnado con discapacidade auditiva utilizando a aprendizaxe cooperativa e novas metodoloxías na materia de Bioloxía e Xeoloxía en ESO.
Autoría
C.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal o deseño dunha unidade didáctica para o terceiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria da materia de Bioloxía e Xeoloxía, que combine a aprendizaxe cooperativa e a gamificación como estratexias metodolóxicas na inclusión dun alumno con discapacidade auditiva e as súas implicacións educativas, así como os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. A partir dunha análise lexislativa, pedagóxica e contextual, realizada grazas á revisión documental, xerouse un marco teórico sólido que aborda a discapacidade auditiva e as súas implicacións educativas, así como os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. Grazas a el, exponse unha proposta educativa axustada ás necesidades educativas específicas do alumnado a través de adaptación metodolóxicas non significativas. Dado que non se implementou nun contexto real, non se obtiveron resultados empíricos, pudendo estes obterse en novas investigacións.
Dirección
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
Proposta de intervención para alumnado con xordeira na materia de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria
Autoría
A.S.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
Resumo
Neste traballo preséntanse unha serie de medidas destinadas ao alumnado xordo que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria. Os obxectivos que se buscan alcanzar coa aplicación destas pautas son a inclusión deste alumnado no grupo de clase, a mellora do estado anímico destes/as estudantes, un aumento na participación durante as clases e un mellor desempeño na materia. Para poder recoller datos sobre la utilidade das medidas utilizaríanse técnicas cualitativas como a entrevista e o rexistro de observacións; e técnicas cuantitativas como exames teóricos, fichas, traballos escritos y demais. Debido á limitación que supón non ter levado esta intervención á práctica, é complicado afirmar a eficacia destas medidas, pois non se tiveron en conta a ampla gama de variables que poden xurdir nunha aula. A pesar disto, a realización deste traballo e, por consecuente, o tempo dedicado á pescuda de información sobre o tema a tratar son indispensables para os futuros docentes.
Dirección
BUGALLO CARRERA, CÉSAR (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
benestar emocional no ámbito docente: un proyecto de ApS
Autoría
O.S.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
Resumo
A Síndrome de Esgotamento Profesional (SEP) e a ansiedade estiveron sempre presentes en todos os ámbitos profesionais, sen ser a educación unha excepción. Por este motivo, este estudo avalía ambos trastornos cognitivos mediante os cuestionarios CESQT e STAI, e correlaciona os resultados con variables sociodemográficas mediante o software estatístico SPSS v. 30.0. Todo iso con obxectivo de desenvolver unha ferramenta de cribado flexible e fiable, que permita predicir e detectar un perfil de profesorado que poida desenvolver estas alteracións, para así previr e manter estes niveis baixo control. Toda a investigación realízase dentro dun proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS), coa colaboración dunha mostra de 104 profesores de diferentes áreas de Educación Secundaria, Formación Profesional e Escolas de Idiomas, así como estudantes do Grao en Robótica e do Máster en Profesorado
Dirección
DOSIL DIAZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
MOSQUERA BARGIELA, INES (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Vogal)
“Secuencia didáctica para traballar a nutrición e a alimentación dende a argumentación como práctica científica: comprensión crítica e promoción de hábitos saudables”
Autoría
L.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo presenta unha secuencia didáctica de alimentación e nutrición na educación secundaria obrigatoria, co obxectivo de promover hábitos alimentarios saudables mediante a incorporación da argumentación como práctica científica. A intervención baséase nunha revisión documental actualizada, enmarcada dentro dos principios curriculares da LOMLOE (Normas de Aprendizaxe e Educación de Galicia) e o Decreto 156/2022 da Comunidade Autónoma de Galicia. A secuencia deseñada combina estratexias de análise crítica, traballo cooperativo e o desenvolvemento de explicacións argumentativas, integrando elementos da práctica científica da argumentación baseados en situacións significativas para o alumnado. As actividades propostas conectan o coñecemento científico con situacións da vida real relevantes para o alumnado, promovendo así a súa participación, autonomía e toma de decisións informadas. A proposta adáptase a contextos diversos, é viable con recursos educativos comúns e foi desenvolvida desde unha perspectiva inclusiva, seguindo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA). Conclúese que esta intervención pode contribuír eficazmente á educación para a saúde e ao desenvolvemento das competencias clave na educación secundaria obrigatoria.
Dirección
MOSQUERA BARGIELA, INES (Titoría)
Tribunal
PRIETO VIGO, NURIA (Presidente/a)
Vázquez Regueiro, Teresa Susana (Secretario/a)
OUTEIRO IGLESIAS, MARIO (Vogal)
Proposta didáctica para a adquisición de competencias físico matemáticas na educación secundaria
Autoría
I.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática: Ciencias Experimentais (Campus Lugo)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
Resumo
O traballo aquí realizado consiste nunha proposta didáctica de carácter teórico para a ensinanza do tema de Semellanza na materia de Matemáticas en segundo curso da ESO. As actividades deseñadas teñen un enfoque colaborativo e fomentan o traballo manipulativo así como a realización de medicións. Se ben as metodoloxías colaborativas demostraron ser positivas na ensinanza en matemáticas, espérase que as actividades propostas requiran dun profundo traballo previo para paliar as dificultades e limitacións propias dunha aula de secundaria no que refire ó traballo grupal. Deste modo, agárdase que, coas condicións axeitadas, a proposta realizada poida acadar o seu máximo potencial e resultar positiva para alumnado.
Dirección
ROMERO CASTRO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT (Presidente/a)
PRIETO VIGO, NURIA (Secretario/a)
MOSQUERA BARGIELA, INES (Vogal)