Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Recoñecementos de créditos

A normativa de recoñecementos na USC está recollida no Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno o 24 de xullo de 2024, en vigor dende o 1 de febreiro de 2025.

O procedemento para a solicitude e tramitación de recoñecementos está recollido no título IV do Regulamento. Pódese acceder ao catálogo de procedementos da Sede Electrónica para facer a solicitude que corresponda en cada caso nesta ligazón.

IMPORTANTE: Para continuar estudos en titulacións de grao o estudantado deberá ter recoñecidos como mínimo 30 ECTS na titulación na que solicite cursar estudos.

O artigo 6 do Regulamento introduce a posibilidade de solicitar unha consulta previa do expediente para os efectos de ser informado/a das materias e actividades recoñecibles nunha titulación impartida na USC. Esta consulta é obrigatoria nos supostos nos que o acceso á universidade precise do recoñecemento dun mínimo de créditos en aplicación da normativa de acceso e/ou continuación de estudos. Quen solicite esta consulta previa deberá aboar a tarifa prevista para o estudo do expediente. (Artigo 6 do Regulamento e Resolución Reitoral da convocatoria)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2025.