Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Traballos pendentes de presentar

O constituínte temático en galego
Autoría
R.B.G.
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Data da defensa
22.07.2025 10:00
Resumo
O constituínte temático en galego é un tema moi descoidado na lingüística galega e practicamente só se trata nas seccións de morfoloxía das gramáticas do galego: os traballos dedicados enteiramente a esta materia son poucos. Ademais, sempre recibiu máis atención a vogal temática dos verbos cós outros tipos de constituíntes temáticos. Neste traballo búscanse alternativas ós problemas que se detectan nas descricións tradicionais dos constituíntes temáticos, que a miúdo pasan inadvertidos a causa da desatención ó tema. Trátanse, ademais do constituínte temático dende unha perspectiva global, a vogal temática dos verbos irregulares de pretérito forte, a noción da flexión de xénero e os procesos derivativos de conversión, parasíntese e circunfixación. Examino a natureza léxica do constituínte temático, a súa función como seleccionador da clase temática, o seu funcionamento nas distintas clases léxicas e as particularidades do seu comportamento en cada unha delas. Disputo a asociación entre os índices temáticos e morfemas de xénero en substantivos, adxectivos e pronomes e rexeito a idea de que existe a flexión de xénero no galego. Tamén exploro o papel do constituínte temático nos procesos derivativos de conversión e parasíntese (ou circunfixación).
Dirección
Dubert García, Francisco Xosé (Titoría)
Tribunal
MARIÑO PAZ, RAMON (Presidente/a)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Secretario/a)
PREGO VAZQUEZ, GABRIELA (Vogal)
Traballo fin de máster
Autoría
W.G.
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Data da defensa
23.07.2025 10:00
Resumo
Este estudo investiga as dificultades específicas que os estudantes sinofalantes enfrontan ao aprender os verbos de movemento en español. Baseándose na teoría da semántica cognitiva de Talmy, analízase a diverxencia tipolóxica entre o español, como lingua de marco verbal, e o chinés mandarín e o inglés, como linguas de marco satélite. Mentres que o español codifica a traxectoria na raíz verbal (p. ex., entrar, saír), o chinés e o inglés priorizan a maneira no verbo principal, expresando a traxectoria mediante elementos periféricos. Esta diferenza estrutural provoca unha transferencia cognitiva negativa e erros predicibles. Mediante unha análise cualitativa dos verbos nos libros de texto Nuevo Sueña (A1-B1), identifícanse os principais desafíos conceptuais. O estudo demostra que o problema non é meramente léxico, senón que require unha reconceptualización do evento de movemento por parte do aprendiz. Como solución, propóñense estratexias pedagóxicas prácticas centradas en facilitar este cambio cognitivo. Estas inclúen o uso de esquemas visuais, o ensino por colocacións (chunks), a análise contrastiva explícita e a simulación de contextos reais. Destácase o rol do profesor como un mediador que debe enriquecer os materiais didácticos, clarificar os patróns gramaticais e conectar o aprendizaxe co uso auténtico do idioma. En conclusión, o ensino eficaz dos verbos de movemento a sinofalantes esixe ir máis aló da tradución, guiando o estudante na construción de novos modelos mentais para lograr unha comunicación máis fluída e natural en español.
Dirección
LUBKE , BARBARA (Titoría)
Tribunal
Dubert García, Francisco Xosé (Presidente/a)
MIGUEZ REGO, VITOR (Secretario/a)
Gamallo Otero, Pablo (Vogal)
O subxuntivo na aula ELE: unha aproximación a través do CAES
Autoría
E.M.R.
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Data da defensa
22.07.2025 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster analiza o uso do modo subxuntivo en textos escritos por aprendentes de español como lingua estranxeira dos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), a partir de datos extraídos do Corpus de Aprendices de Español (CAES). O estudo adopta un enfoque mixto e examina como varía o uso do subxuntivo segundo o nivel, a lingua inicial (L1) e o xénero das aprendentes, así como o tipo de oración na que aparece e a función que cumpre. Neste sentido, analízanse os tempos máis frecuentes do modo: presente, pretérito imperfecto, pretérito perfecto e pretérito pluscuamperfecto, e identifícanse tamén algúns dos usos incorrectos na alternancia modal. O obxectivo é achegar datos que permitan comprender mellor como empregan o subxuntivo as aprendentes en niveis intermedios e ofrecer claves que poidan resultar útiles para a súa ensinanza.
Dirección
CONDE NOGUEROL, MARIA EUGENIA (Titoría)
Tribunal
MARIÑO PAZ, RAMON (Presidente/a)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Secretario/a)
PREGO VAZQUEZ, GABRIELA (Vogal)
Activismo lingüístico nas redes sociais: análise comparativa de organizacións promotoras do asturiano, do galego ou do leonés
Autoría
P.N.
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Data da defensa
22.07.2025 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza o activismo lingüístico nas redes sociais como un fenómeno emerxente vinculado á promoción das linguas minoritarias en España. Estúdase a actividade de trece organizacións que traballan pola normalización do asturiano, do galego e do leonés. O obxectivo do estudo é examinar como estas entidades empregan as plataformas dixitais para visibilizar, promover e reivindicar o uso da lingua. Para iso, aplícase unha metodoloxía mixta que combina análise cuanti-tativa coa análise dos temas das publicacións e o ton discursivo. O corpus inclúe publicacións reali-zadas en tres redes sociais (Facebook, Instagram e X) durante o primeiro trimestre de 2025. Estable-céronse criterios específicos para distinguir entre publicacións lingüísticas e xerais, e propóñese unha clasificación funcional dos perfís dixitais segundo o seu enfoque.
Dirección
Ramallo Fernández, Fernando (Titoría)
Tribunal
MARIÑO PAZ, RAMON (Presidente/a)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Secretario/a)
PREGO VAZQUEZ, GABRIELA (Vogal)