Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Traballos presentados

A construcion de ter mais participio no español falado en Galicia
Autoría
A.V.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
17.02.2025 13:15
Resumo
A variedade de español de Galicia, tradicionalmente desatendida pola dialectoloxia hispanica, foi obxecto de interese nos ultimos anos. Traballos como Porto Dapena (2001) e Guillermo Rojo (2004), entre outros, sinalaron a influencia do galego no español de Galicia, pero ainda hoxe son escasas as publicacions baseadas en mostras representativas do uso linguistico real. O obxectivo deste TFG e aportar a analise de novos datos sobre unha construcion que parece reflexar a influencia do galego no español de Galicia. A estructura sintactica seleccionada e a combinacion do verbo ter cun participio, que segundo a bibliografia mostra na fala de Galicia un funcionamento distinto ao que ten noutras variedades do español. Para o estudo utilizaranse os datos do corpus oral ESLORA. O uso dos datos do corpus permite facer unha analise cualitativa e cuantitativa. Na analise vanse ter en conta as caracteristicas linguisticas das construcions (sintacticas e semanticas) e tamen a sua distribucion sociolinguistica. Porto Dapena, Alvaro. 2001. El español en contacto con el gallego. II Congreso Internacional de la Lengua Española. Valladolid. Rojo, Guillermo. 2004. El español de Galicia. En Rafael Cano (ed.), Historia de la lengua española, 1087-1101. Barcelona: Ariel.
Dirección
VAZQUEZ ROZAS, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)