Ideas de Galicia na narrativa torrentina a partir de La saga fuga de J.B y Fragmentos de Apocalipsis.
Autoría
Y.B.A.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Y.B.A.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo analiza as representacións de Galicia na narrativa de Gonzalo Torrente Ballester tomando como corpus as obras obras La saga/fuga de J.B. e Fragmentos de Apocalipsis. Estas novelas presentan unha Galicia construida literariamente a partir de elementos xeográficos, históricos, lingüísticos e mitolóxicos, creando un universo narrativo marcado polo fantástico e unha ironía propia do autor. Este TFG comeza cunha introdución na que se expoñen os obxectivos e a organización do estudo, seguida dun apartado dedicado a contextualizar a figura de Gonzalo Torrente Ballester, poñendo énfase na súa relación coa cultura galega. Seguidamente, analizarase cómo a historia galega configura o trasfondo narrativo destas obras xunto coa presenza dos modos de vida e os mitos locais. Esta análise complementarase abordando o xénero fantástico, caracterizado pola multiplicidade de perspectivas, as alteracións temporais e espaciais, e a construción de mundos ficticios. O traballo tamén dedicará un espazo ao estudo da retórica torrentina e a súa posible conexión co realismo máxico hispanoamericano ou con precedentes literarios galegos como Los Pazos de Ulloa. Finalmente, presentaranse as conclusións do estudo seguidas da bibliografía.

Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
CABO ASEGUINOLAZA, FERNANDO (Presidente/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Secretario/a)
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Vogal)