Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Traballos presentados

Explorando os Efectos Potenciadores da Cafeína no Rendemento Cognitivo
Autoría
M.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
O presente traballo analiza o impacto do consumo de cafeína no rendemento cognitivo en diversos contextos, incluíndo actividades académicas, entornos laborais, deportes tradicionais e e-Sports. A través dunha revisión bibliográfica exhaustiva, examínanse os mecanismos bioquímicos da cafeína, os seus beneficios en aspectos como a atención sostida, a memoria e a velocidade de reacción, así como as súas limitacións asociadas ao consumo excesivo. Ademais, abórdanse factores individuais como a xenética e o estado de saúde, os cales inflúen na resposta á cafeína, xunto coas consideracións éticas e legais relacionadas co seu uso. Este traballo remarca a importancia da cafeína como un potenciador cognitivo versátil e enfatiza a necesidade dun consumo responsábel, axustado ás características de cada grupo poboacional e contexto particular. Tamén se examina situacións nas que os efectos previstos da cafeína poderían resultar adversos, co propósito de facilitar unha visión completa sobre esta substancia, os seus impactos e as posíbeis respostas do organismo.
Dirección
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Papel modulador dos ácidos graxos de cadea corta producidos pola microbiota intestinal na artrite reumatoide
Autoría
D.P.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
A artrite reumatoide (AR) é unha enfermedade autoinmune crónica caracterizada pola presencia de poliartritis. A súa prevalencia atópase entre 0,2 e o 1,2, con maior frecuencia en mulleres e predominio en áreas urbás. A súa orixe é multifactorial, causada principalmente por factores hormonais, inmunolóxicos, xenéticos e ambientais, entre os que se encontran os microorganismos. O obxetivo desta revisión é identificar evidencias literarias sobre o papel modulador dos ácidos grasos de cadea corta (AGCC) producidos pola microbiota intestinal (MI) humana na AR. Realizouse unha búsqueda nas bases de datos Medline e Scopus, na que se incluíron estudos sobre (MI) e (AGCC) de tipo observacional e experimental, revisións sistemáticas y meta-análisis publicados nos últimos 20 anos (entre 2005 e 2025). Observouse unha disminución da diversidade alfa e beta na MI en pacientes con AR en comparación con suxeitos sans, así como un aumento de Escherichia, Shigella, Collinsella e Streptococcus ademáis dun esgotamento de Faecalibacterium, mentres que as etapas preclínicas da enfermedade mostran un incremento do xénero Prevotella. En canto ó filo, observouse un predominio de Proteobacterias sobre Firmicutes en pacientes con AR. Por outra banda, intervencións dietéticas ricas en fibra relacionáronse cun aumento da variedade de especies beneficiosas productoras de AGCC (Faecalibacterium prausnitzii, Bifidobacterias, Lactobacilos, Clostridium coccoides e Eubacterium) así como un descenso de citocinas pro-artríticas (quimiocina proinflamatoria MCP-1 e as citocinas IL-18 e IL-33). Necesítanse máis estudos que establezan un maior grao de evidencia entre o potencial terapéutico dos AGCC producidos pola MI no tratamento da AR.
Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Potencial Efecto Ergoxénico dos Probióticos en Deportes de Resistencia
Autoría
D.M.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
Nas últimas décadas, o estudo da microbiota intestinal foi obxecto de numerosas investigacións científicas demostrando a súa gran influencia sobre a saúde dos individuos. Así, é ben coñecido que unha disbiosis na microbiota intestinal pódese asociar a distintos estados patolóxicos. A modulación da microbiota intestinal a través da dieta e de diferentes ingredientes funcionais, foi tamén, en consecuencia, obxecto de estudo pola comunidade científica, sendo os probióticos un dos ingredientes funcionais máis estudados a este respecto. Demostrouse a súa eficacia en canto á modulación da microbiota intestinal e a súa eficacia no tratamento de diferentes patoloxías existindo a día de hoxe diferentes guías clínicas con recomendacións en canto á cepa e a dose máis adecuada en cada caso. Isto levou a pensar que os probióticos tamén poderían ter efecto no rendemento deportivo, especialmente no deporte de alto nivel onde se sabe que a microbiota intestinal perde o seu equilibrio. Hoxe en día existen numerosos suplementos con probióticos destinados ao seu uso no deporte, pero non está claro o papel que poida xogar nos deportistas. Por todo iso, o obxectivo deste traballo foi a realización dunha revisión bibliográfica detallada sobre o potencial efecto ergogénico dos probióticos no deporte de resistencia. Os resultados atopados han mostrado que os probióticos teñen efectos beneficiosos sobre a saúde gastrointestinal, a saúde mental, a mellora da inflamación, a prevención de infeccións respiratorias e a mellora do metabolismo enerxético en deportistas o que produce melloras no rendemento. Atopándose evidencia científica suficiente para determinadas cepas. Todos estes efectos son dependentes de factores como a dose, a duración do tratamento, situacións individuais e mesmo o sexo. Por iso e a pesar dos resultados positivos atopados, é necesario levar a cabo máis estudos científicos con estudos ben planificados, unificando criterios, con tamaños muestrales maiores, etc. que demostren os efectos dos probióticos no deporte, especialmente no que se refire ao seu efecto no rendemento.
Dirección
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Estratexias nutricionais para a prevención e manexo da enfermidade de Alzheimer
Autoría
C.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é o tipo máis común de demencia, afectando directamente a máis de 50 millóns de pacientes a nivel mundial e indirectamente a decenas de millóns dos seus seres queridos. A súa causa ven dada pola acumulación dunha proteína chamada beta-amiloide no parénquima e vasculatura cerebral, a formación de nobelos neurofibrilares e unha diminución gradual da sinapse. Os síntomas máis temperáns da enfermidade son o esquecemento de eventos ou conversas recentes, pero co tempo empeoran afectando á memoria, razoamento, toma de decisións, habilidades e conducta. A razón primaria do inicio e progresión da patoloxía segue sen ser coñecida, non podendo darlle un tratamento definitivo. Con todo, si se coñecen algúns factores que poden aumentar o risco de padecer este tipo de demencia como poden ser unha alimentación baseada en carnes vermellas, alcohol, bebidas gasosas e ultraprocesados ricos en graxas saturadas e azucres, baixa actividade física e alteracións metabólicas, tendo así a capacidade de actuar sobre eles. Corrixindo certas pautas dietéticas e motivando unha vida máis activa pódese tratar de atrasar a aparición e evitar o avance cara a etapas máis graves desta enfermidade. Por todo isto, o obxectivo desta revisión bibliográfica é facer unha busca da literatura científica máis recente acerca do tratamento nutricional na enfermidade de Alzheimer para poder establecer pautas dietéticas que posibiliten previr a aparición ou o avance da enfermidade. O manexo nutricional do Alzheimer é un enfoque prometedor para previr e mitigar a súa progresión. A dieta mediterránea, rica en antioxidantes e graxas saudables, está amplamente recomendada, mentres que a dieta vegana, ben planificada, tamén ofrece beneficios neuroprotectores. A dieta cetoxénica demostrou potencial para mellorar a función cognitiva, pero debe aplicarse con precaución polos seus posibles efectos secundarios. En resumo, unha dieta equilibrada e rica en nutrientes é clave para mellorar a calidade de vida e atrasar a progresión do Alzheimer.
Dirección
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Avaliación do Perfil Lipídico e Control Glicémico en Pacientes Diabéticos: Un Estudo Poboacional.
Autoría
F.B.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
Resumo
A diabetes é unha enfermidade metabólica de alta prevalencia e cun impacto significativo na saúde pública debido a súa asociación con complicacións cardiovasculares. A importancia do perfil lipídico nestes pacientes radica na súa relación directa co risco ateroxénico, o que fai esencial manter os valores lipídicos dentro dos límites recomendados. Os nutricionistas-dietistas, como profesionais da saúde, xogan un papel esencial no control da enfermidade, especialmente no relacionado coa xestión da dieta e o control lipídico. Ademais, os Programas de Atención e Educación Terapéutica son fundamentais para proporcionar aos pacientes as ferramentas necesarias para entender e manexar súa condición, promovendo cambios no estilo de vida, a alimentación e a adherencia ao tratamento. Este traballo subliña a importancia da colaboración entre nutricionistas-dietistas e os Programas de Atención e Educación Terapéutica no tratamento da diabetes, enfocándose en como a educación e a atención personalizada contribúen a unha mellor calidade de vida. Para avaliar a importancia do perfil lipídico e control glicémico, realizouse un estudo poboacional transversal de análise clínica na mostra de 4.800 suxeitos provenientes do Hospital Universitario Lucus Augusti. Neste traballo tamén se analizou o estilo de vida da zona na que se realizou o estudo, que abarca poboación da provincia de Lugo, con axuda de evidencias actualizadas relacionadas coa dieta atlántica no sur de Europa.
Dirección
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANTAMARINA, AROA Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Proxecto de deseño de sistema modular de camperización e suministro enerxético solar en furgonetas.
Autoría
P.A.T.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
Este proxecto ten como finalidade deseñar un sistema modular para a camperización de furgonetas iguais ou superiores en tamaño a unha de tipo L2H2. O obxectivo principal é dotar o vehículo de practicidade e funcionalidade, permitindo un uso cómodo e eficiente en viaxes ou acampadas. Isto lograrase mediante o deseño de dous módulos interiores destinados ás zonas de sala-dormitorio e cociña-baño, optimizando ao máximo o espazo dispoñible. Tamén se instalará un sistema de aproveitamento da enerxía solar, mediante a integración dun panel fotovoltaico que capta a enerxía do sol, almacénao nunha batería e distribúeo mediante un inversor co obxectivo de alimentar dispositivos persoais e luminarias de baixo consumo. Do mesmo xeito, o proxecto inclúe o deseño dun sistema de iluminación eficiente e a instalación dun sistema hidráulico de pequeno tamaño que permita abastecer unha ducha e un fregadeiro.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de Deseño de Instalación de Paneis Solares e Aerotermia para mellorar a eficiencia enerxética dun club de golf en Santiago de Compostela.
Autoría
C.S.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No seguinte proxecto deséñase un sistema de mellora da eficiencia e do consumo enerxético mediante un sistema de aerotermia e unha instalación de paneis solares nun Club de Golf da provincia da Coruña. O obxectivo é conseguir un aforro económico mediante o uso de enerxías renovables, concretamente a partir da enerxía solar captada por paneis fotovoltaicas, que se colocarán nun ángulo ideal sobre soportes construídos con ese ángulo co fin de obter a maior captación de radiación. Tamén mediante o uso dun sistema de aerotermia que utiliza a enerxía almacenada en forma de calor para satisfacer a demanda de calefacción, refrixeración e ACS. Para a instalación fotovoltaica empregaranse dous inversores que se conectarán á rede eléctrica existente, e para a aerotermia utilizaranse tubos de aceiro galvanizado á vista. Por outra banda, elaborouse o orzamento correspondente ás instalacións do proxecto, ademais dunha avaliación económica que nos permite coñecer a rendibilidade do proxecto. Por último, este proxecto consta dunha Memoria cos seus Anexos específicos, Plans, Prego de Condicións, Estudo de Seguridade e Saúde, Xestión de Residuos e Orzamento. Todos eles son necesarios para realizar correctamente o traballo.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de climatización eficiente dun museo público situado en Galicia.
Autoría
C.P.D.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto, preténdese resolver os problemas climáticos dun museo situado en Galicia (Lugo), ocasionados por un sistema de climatización inadecuado que emprega enerxías contaminantes e non cumpre as condicións específicas de temperatura e humidade relativa requiridas no ambiente. Xorde a necesidade de deseñar un sistema de climatización eficiente, utilizando enerxías limpas e respectuosas co medio ambiente. Por tanto, proxectarase un sistema aire-aire baseado na instalación dunha bomba de calor con diferentes accesorios para cumprir con todas as especificacións térmicas e cun sistema de dous recuperadores de calor en paralelo para potenciar a eficiencia da devandita climatización. Analizaranse as características construtivas do edificio exposto para o cálculo da demanda térmica, parámetro fundamental na correcta selección dos equipos para a climatización. O presente Proxecto consta dunha Memoria técnica cos seus respectivos Anexos, os Planos Pertinentes, un Prego de Condicións, o Estudo Básico de Seguridade e Saúde e a Xustificación de Prezos.
Dirección
Vázquez Vila, María José (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA Cotitoría
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Deseño estrutural e enerxético mediante placas solares fotovoltaicas dunha nave industrial dedicada á gandaría intensiva de vacún
Autoría
I.V.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto realízase o deseño dunha instalación fotovoltaica para abastecer na medida do posible a demanda de electricidade requerida por unha nave que se construirá ca fin de desenrolar unha actividade de ganadaría intensiva. O propósito principal deste proxecto é lograr un aforro enerxético e económico mediante a implementación de enerxías renovables, específicamente utilizando enerxía solar a través de paneis fotovoltaicos. Estos paneis instaláranse de maneira coplanar, é dicir, ca mesma inclinación co teito, sobre a cuberta da nave que contén a sala de ordeño e de partos. Para isto, empleárase un inversor que se conectará á infraestructura eléctrica que se deseñará na nave. O proxecto inclúe unha Memoria, os Anexos correspondentes, Planos, un Pliego de condicións, un Estudio de Seguridade e Saúde, Medicións e Presuposto, Xustificación de Precios e Evaluación financieira. Todos estes documentos son esenciais para a correcta execución das obras.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Proxecto de construción de nave para procesado de castañas
Autoría
A.R.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
Resumo
Desenvólvese o presente proxecto co fin de deseñar unha nave para o procesado de castañas e poder transformar este produto único e saudable, moi arraigado en Galicia, rexión que contribúe significativamente á produción mundial de castañas. A demanda crecente de alimentos naturais e nutritivos fai que o procesado de castañas sexa unha oportunidade prometedora. Este proxecto busca capitalizar as vantaxes que nos ofrece este produto, establecendo unha nave equipada con tecnoloxía avanzada en Becerreá, porta dos Ancares, unha zona que alberga grandes cantidades desta materia prima. O proceso de produción inclúe varias etapas; recepción e selección de castañas crúas, limpeza e pelado, deshidratación e/o cocción, envasado e almacenado. Cada etapa está deseñada para preservar as propiedades nutricionais, asegurando que cumpre cos estándares máis altos de calidade. O proxecto, ademais de describir todos os aspectos do proceso, inclúe un orzamento detallado, cálculos estruturais, así como operativos e un estudo financeiro. En resumo, este proxecto non só promete ser financeiramente viable, senón que tamén posiciona a Galicia como un líder en produción e comercialización de castañas procesadas, aproveitando a súa herdanza e recursos naturais únicos
Dirección
FRAGA LOPEZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)