O primeiro semestre para a impartición de docencia estenderase entre o días 9 de setembro e 20 de decembro de 2024. Nos másteres oficiais poderase retrasar o comezo do curso ata o día 18 de setembro de 2024.
O segundo semestre para a impartición de docencia estenderase entre os días 28 de xaneiro e 16 de maio de 2025.
A data límite de entrega dos traballos de fin de estudos (TFG e TFM) para a súa defensa no mes de setembro será o día 29 de xullo ou o 5 de setembro de 2025, segundo determinen os centros.
Primeiro período | Inicio | Fin |
---|---|---|
Período lectivo | 09/09/2024 | 20/12/2024 |
Defensa TFM/TFG | 03/02/2025 | 21/02/2025 |
Segundo período | Inicio | Fin |
---|---|---|
Período lectivo | 28/01/2025 | 16/05/2025 |
Defensa TFM/TFG | 18/06/2025 | 18/07/2025 |
Defensa TFM/TFG (Setembro) | 02/09/2025 | 16/09/2025 |
Primeiro semestre | Inicio | Fin |
Apertura de actas | 16/12/2024 | 05/02/2025 |
Apertura actas TFM/TFG (Febreiro) | 03/02/2025 | 28/02/2025 |
Segundo semestre | Inicio | Fin |
Apertura de actas | 13/05/2025 | 17/06/2025 |
Apertura actas TFM/TFG (Xullo) | 18/06/2025 | 29/07/2025 |
Segunda oportunidade (Primeiro semestre) |
Inicio | Fin |
Apertura de actas | 13/05/2025 | 22/07/2025 |
Segunda oportunidade (Segundo semestre) |
Inicio | Fin |
Apertura de actas | 18/06/2025 | 22/07/2025 |
Defensa TFM/TFG (Setembro) | Inicio | Fin |
Apertura de actas | 02/09/2025 | 26/09/2025 |
Actas consolidadas | Inicio | Fin |
Período de actas consolidadas | 30/09/2025 | 10/10/2025 |
Actas prácticas externas | ||
Data límite de entrega de actas | 08/10/2025 |
Cada centro, en función das súas circunstancias, fixará o calendario de probas finais de cada oportunidade dentro do período de apertura de actas, respectando en todo caso o prazo de revisión das cualificacións provisionais.
Só poderán realizarse probas finais en datas anteriores ao remate do período lectivo fixado neste calendario cando estea concluída a actividade lectiva programada da materia correspondente.
Unha vez fixadas e publicadas as datas das probas finais só poderán ser modificadas cando concorra unha causa xustificada. Nese caso o centro comunicará o cambio de inmediato ao alumnado e porao en coñecemento da Secretaría Xeral.
Consonte o artigo 8.2 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantese de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 emodificada o 5 de abril de 2017, “as datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos resultados” e o prazo para a revisión das cualificaciónsprovisionais non poderá ser inferior a tres días hábiles, en período lectivo, contados desde odía seguinte ao da data de publicación da lista de cualificacións.
O último día para a publicación das listas de cualificacións será:
- na primeira oportunidade do primeiro semestre o 30 de xaneiro de 2025
- na primeira oportunidade do segundo semestre o 10 de xuño de 2025
- na segunda oportunidade do primeiro e segundo semestre o 16 de xullo de 2025
As datas de realización das probas da convocatoria extraordinaria de fin de carreira para as titulacións de grao e máster, así como a data límite para a sinatura das actas serán as previstas para a realización de probas finais de avaliación e sinatura de actas do primeiro período.
Serán non lectivos os seguintes períodos, nos que se interromperá a actividade
académica:
- desde o día 21 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, inclusive
- o luns e o martes de Carnaval (3 e 4 de marzo de 2025),
- a Semana Santa (desde o 14 ata o 18 de abril de 2025, inclusive), e
- o mes de agosto
Terán tamén carácter non lectivo e non recuperable:
- o venres 6 de setembro de 2024, data prevista para o acto de apertura do curso académico na USC. Esta data podería modificarse en función da data oficial de inauguración do curso no SUG.
- o luns 27 de xaneiro de 2025, festividade de San Tomé de Aquino,
- os días declarados festivos polo Estado, a Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os correspondentes ás festas locais, e
- en cada centro, o día de celebración da súa festividade, conforme ao seguinte calendario:
- 4 de outubro (S. Francisco de Asís). Facultade de Veterinaria
- 18 de outubro (S. Lucas). Facultade de Medicina e Odontoloxía (grao en Medicina)
- 15 de novembro (S. Alberte Magno). Facultades de Bioloxía, Física, Matemáticas,
Química e Ciencias - 27 de novembro (S. Xosé de Calasanz). Facultade de Formación do Profesorado
- 8 de decembro (Inmaculada). Facultade de Farmacia
- 13 de decembro (Sta. Otilia). Facultade de Óptica e Optometría
- 23 de xaneiro (S. Raimundo de Peñafort). Facultade de Dereito
- 9 de febreiro (Sta. Apolonia). Facultade de Medicina e Odontoloxía (grao en
Odontoloxía) - 24 de febreiro (Xoán Huarte de S. Xoán). Facultade de Psicoloxía
- 8 de marzo (S. Xoán de Deus). Facultade de Enfermería
- 9 de marzo (natalicio do Padre Sarmiento). Facultade de CC. da Educación
- 19 de marzo (San José). Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
- 5 de abril (S. Vicente Ferrer). Facultade de CC. Económicas e Empresariais e Fac. de
Administración e Dirección de Empresas - 15 de abril (natalicio de Leonardo da Vinci). Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- 22 de abril (Día da Terra). Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- 26 de abril (S. Isidoro de Sevilla). Facultades de Filoloxía, Filosofía, Humanidades e
Xeografía e Historia - 1 de maio (Día do Traballo). Facultade de Relacións Laborais
- 3 de maio (Día da Liberdade de Expresión). Facultade de Ciencias da Comunicación.
Non obstante, coa finalidade de aproveitar ao máximo os días lectivos, se estas festividades coinciden en martes celebraranse o luns anterior e se coinciden en mércores ou xoves trasladaranse ao venres seguinte. As que coincidan en sábado, domingo ou festivo celebraranse o día lectivo anterior ou seguinte, a elección do Centro. Esta decisión deberá ser comunicada á Secretaría xeral.