Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Perspectiva de Xénero na Docencia: Ferramentas e Estratexias para a Coeducación no Ensino Secundario

A educación secundaria é unha etapa crucial na formación dos mozos e mozas, onde se consolidan valores e actitudes que perdurarán ao longo das súas vidas. Neste senso, a incorporación da perspectiva de xénero na docencia convértese nunha necesidade imprescindible para garantir que todo o estudantado, independentemente da súa condición de xénero ou situación, teñan as mesmas oportunidades de desenvolvemento académico e persoal.
Deste xeito, o título deste curso reflicte a intención de proporcionar ao profesorado e futuro profesorado de Secundaria as competencias precisas para identificar e combater os estereotipos de xénero, así como para formular prácticas pedagóxicas inclusivas e de igualdade de xénero no día a día das aulas. Por iso, inclúense módulos que abordan tanto as bases teóricas da perspectiva de xénero como a súa aplicación práctica (identificación de estereotipos, deseño de actividades educativas con enfoque de xénero, creación de contornas escolares inclusivas, etc.) e se proporcionan ferramentas e recursos que favorezan a súa integración no ensino.
Ao finalizar o curso, as persoas participantes estarán mellor preparadas para desempeñar un rol activo na promoción da coeducación, contribuíndo á formación de cidadáns e cidadás conscientes e comprometidos coa igualdade de xénero.

  • Obxectivos


    1. Comprender os conceptos básicos da perspectiva de xénero e o seu impacto na educación.
    2. Identificar e cuestionar os estereotipos de xénero presentes no entorno educativo (materiais, aula...).
    3. Desenvolver estratexias pedagóxicas inclusivas e equitativas que promovan a igualdade de oportunidades para todo o estudantado.
    4. Analizar e adaptar o currículo escolar dende unha perspectiva de xénero.
    5. Favorecer a reflexión crítica sobre as propias prácticas docentes e a construción de identidades de xénero.
     

    Competencias


    T2.1. Procesar información, ideas e conceptos
    T2.2. Planificar e organizar
    T2.3. Lidar con problema
    T6.3. Facer uso de capacidades e competencias cívicas
    S1.3. Ensinar e formar

  • Datas e horario: 

    • 13 de maio de 2025: 16.30 h. – 18.30 h. (Módulo 1)
    • 14 de maio de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. (Módulo 2)
    • 15 de maio de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. (Módulo 3)
    • 19 de maio de 2025: 16.30 h. – 19.30 h. (Módulo 4)
    • 20 de maio de 2025: 17.00 h. – 19.00 h. (Módulo 5)

    Lugar:  Facultade de Formación do Profesorado. Aula 25. Campus Lugo.

    Número de horas:  15 horas

    Prazas: 25

     

    Matrícula: do 12 de abril ao 02 de maio de 2025 

    1. Na páxina principal no apartado de matrícula da columna esquerda, débese marcar a opción Matrícula
    2. Na seguinte pantalla, marcar  a OPCION   8 (alumnado que desexa facer a matrícula en estudos propios)
    3. A continuación,  aparecerá  o curso no que está admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula. Lembre que o curso é gratuíto, polo que non debe facer ningún pagamento;  aínda que apareza a opción, poderá continuar co proceso sen realizar ningún pago. 


       

     

The contents of this page were updated on 05.02.2025.