Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
guía

Esta guía é unha iniciativa impulsada pola Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) e o Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) para contribuír a que as condicións laborais e materiais das mulleres da USC sexan as máis axeitadas para desenvolver a súa actividade profesional.

  • Esta guía diríxese ás mulleres docentes e investigadoras e aos equipos de goberno da USC e dos seus centros e ten como obxectivo ofrecer un recurso inmediato para botar luz sobre diversas medidas e boas prácticas que melloren as carreiras investigadoras, posibilitando a conciliación e mellorando a competitividade.

    Esta guía divídese en varios apartados:

    En primeiro lugar, descríbense as orixes da guía, que se encontran nos resultados do estudo previo sobre a fenda salarial na USC e a base normativa en materia de igualdade e conciliación no ámbito universitario.

    En segundo lugar, analízase a promoción académica con perspectiva de xénero, propóñense conceptos relevantes para comprendela e ofrécense claves para lograla.

    Para rematar, preséntase unha relación de boas prácticas e medidas que foron contrastadas por expertas e cargos de representación na USC.

    Pódese visualizar esta guía a través da seguinte ligazón

  • Gender Equality Office

    Gender Equality Office. Students Pavilion. 1.st floor
The contents of this page were updated on 03.05.2025.