Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Actividade formativa do Programa de Formación e Innovación Docente

Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas

  • Obxectivos

    • Dar a coñecer o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC, a fin de garantir a seguridade xurídica e o bo trato en toda a comunidade universitaria.
    • Erradicar as linguaxes de odio e reflexionar sobre os diversos problemas de xénero que se verifican nas aulas e na interacción investigadora.
    • Fomentar dinámicas sociais amables e respectuosas, destinadas a evitar calquera tipo de discriminación.

    Contidos

    1. Coñecermos o protocolo en vigor na USC, a través dunha exposición razoada e da resolución de eventuais dúbidas.
    2. Reflexionarmos sobre as causas sociais, políticas e éticas que xustifican a aparición dunha sensibilidade sobre o xénero que loita polos dereitos dun colectivo dentro da comunidade.
    3. Coñecermos os principais recursos para incorporar unha linguaxe inclusiva, para alén de tentar resolver a ansiedade que, como falantes, poden producirnos eses novos modelos.

    Metodoloxía

    O curso desenvolverase a través dunha metodoloxía participativa en dúas sesións presenciais de dúas horas e media a través da plataforma Teams e cinco horas de traballo autónomo utilizando os recursos que se porán a dispor do alumnado en Moodle. Para a avaliación terase en conta a asistencia e participación activa durante o mesmo e a realización da actividade práctica relacionada que as profesoras propoñan.

    Docentes

    • Teresa Moure Pereiro. Dpto. de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral. USC
    • Alicia Villalba Sánchez. Dpto. de Dereito Público Especial e da Empresa. USC

    Colectivo ao que vai dirixido

    Persoal Docente e Investigador 

    Duración

    10 horas (5 presenciais e 5 de traballo)

     

    • Datas e horario

      16:30h a 19h (8 e 15 de novembro) en liña.

      Preinscrición

The contents of this page were updated on 10.31.2023.