Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Iniciativa impulsada para reformular os esquemas, valores, condutas e pensamentos asociados ás masculinidades hexemónicas na USC.
Club de Masculinidades Disidentes

Úneste ao club de disidentes do patriarcado?

  • Como universidade temos que contribuír aos cambios no mundo. Un dos máis necesarios ten que ver coa equidade con respecto ao xénero. Tense avanzado moito nos últimos anos, grazas ao impulso exercido polas ondas do feminismo, e agora este interpela directamente aos homes.

    Os universitarios debemos reformularnos os esquemas, valores, condutas e pensamentos asociados ás masculinidades hexemónicas, mantendo unha actitude de cambio na que xa non se tolere ningunha discriminación nin desigualdade en relación ao sexo. Isto faise desde as nosas prácticas cotiás, co cambio persoal.

    Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade)

  • IV XUNTANZA DO CLUB DE MASCULINIDADES DISIDENTES

    Relatorio. Os desacougos da masculinidade, relatorio a cargo de Antonio Agustín García (Universidad Complutense de Madrid).

    • Data e horario: 14 de novembro de 2022 ás 17 h.
    • Lugar: Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Número de prazas:  60 persoas.
    • Inscrición gratuíta: nesta ligazón
    • Prazo de inscrición: ata o 11 de novembro.
    • Recoñecemento: Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás persoas inscritas.

     

     

     

     

  • Ciclo: Debates sobre a crise (e reacción) das masculinidades dominantes

    CONVERSATORIO

    IV XUNTANZA DO CLUB DE MASCULINIDADES DISIDENTES

    • Os desacougos da masculinidade, relatorio a cargo de Antonio Agustín García (Universidad Complutense de Madrid). 14 de novembro de 2022 ás 17 horas.

    SEMINARIO WEB

    DEBATE

    RELATORIO

    • Masculinidades en disidencia co patriarcado, a cargo de Jorge García Marín (profesor da área de Socioloxía, secretario do CIFEX da USC). 11 de decembro de 2019 ás 11:15 horas.
    • Vídeo
The contents of this page were updated on 04.30.2024.