Skip to main content
Proxecto que oferta obradoiros presenciais na área de Santiago de Compostela e que conta cunha web que abeira recursos audiovisuais de apoio a obradoiros de temática moi variada: física, matemáticas, computación, química ou óptica que achegan de forma lúdica estas disciplinas ao alumnado de primaria, e amosan as contribucións das mulleres en áreas como a astronomía.
Viñeta do programa

Actividade desenvolvida no marco do convenio de colaboración, en materia de igualdade de xénero, entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC. Ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas como referentes nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria.

The contents of this page were updated on 10.11.2024.