Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas colaboramos para facer realidade a Xornada Universitaria Galega en Xénero.
Cartel das xornadas

A sétima edición céntrase en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como na importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

  • Obxectivos

    • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de calidade académica.
    • Intercambiar experiencias entre o persoal docente e investigador que xa integre a perspectiva de xénero na súa práctica docente e/ou investigadora e quen teña interese en incorporala.
    • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
    • Promover a creación de redes de colaboración multidisciplinares para integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria.

    Áreas temáticas

    • Violencias contra as mulleres.
    • Mulleres, investigación e COVID.
    • Perspectiva de xénero na docencia universitaria.

    Publicación

    Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.

  • Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 7 de maio de 2021.

    A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:

The contents of this page were updated on 04.04.2023.