A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas.
O Día Internacional das Mulleres, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido polas Nacións Unidas como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Acto institucional
- Data e lugar: Luns, 7 de marzo de 2022, ás 13 h no Salón Nobre de Fonseca.
Programa:- Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
- Recoñecemento á Comisión de atención ás situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.
- Conferencia: Igualdade e xénero humano. Carmen Blanco. Escritora e profesora da USC.
- Presencial, a través da canle Youtube da USC, e seguimento no salón de Actos da Facultade de Humanidades.
Xornada: IV Xornadas de Psicoloxía e xénero
- Data, horario e lugar: Luns, 7 marzo, ás 14:30 hna aula 7 - Módulo B da Facultade de Psicoloxía.
Concurso: Expresión artística do feminismo
- Dirixido a: alumnado de grao e másteres da Facultade de Psicoloxía.
- Inscrición: do 7 ao 14 de marzo en vicedecanato2.psicoloxia [at] usc.es (vicedecanato2[dot]psicoloxia[at]usc[dot]es)
Lectura do manifesto 8M-RUIGEU
Psicoloxía
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 11:30 h na entrada principal -Módulo A.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Psicoloxía.
Facultade de Ciencias
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 11:45 h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias.
Facultade de Filoloxía
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 11:55 h na entrada principal da facultade.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 12 h na entrada da facultade.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Facultade de Ciencias Políticas e Facultade de Relacións Laborais
- Data, horario e lugar: Martes, 8 marzo, ás 12 h na entrada das Facultades.
- Organizan: Comisións de Igualdade da Facultade de Relacións Laborais e da Facultade de Ciencias Políticas.
Facultade de Filosofía
Lectura do manifesto 8M-RUIGEU e colocación de cartel homenaxe ás vítimas de violencia de xénero dos últimos meses.
- Data, horario e lugar: Xoves, 10 de marzo, ás 14 h na entrada da facultade.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Filosofía e coordina Cruz Fernández, estudante de mestrado de Filosofía.
Fotografía conmemorativa grupal
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 13 h na Facultade de Matemáticas.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Matemáticas.
Lectura do manifesto 8M-RUIGEU e charla na ETSE
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 13 h no Salón de Actos da ETSE.
Charla: Homes e mulleres no traballo, a cargo de Laura Hospido Quintana, economista do Banco de España.
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 13 h a través de MS Teams.
- Inscrición: Formulario de inscrición (antes do 6 de marzo).
- Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
Espazo: m 2=muller en potencia:
- Intervención: Espazo m2=muller en potencia: incorporación de dúas fotografías dos graffitis do movemento Mujeres Creando (A Paz, Bolivia).
- Data e lugar: Martes, 8 de marzo na Biblioteca da facultade.
- Organiza: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Conferencia e entrega de premios a TFG do VI Concurso Enxeñaría e Muller Rural
Conferencia: O papel da Muller Enxeñeira na Cooperación Internacional, a cargo de Raquel Zolle, enxeñeira de Montes e membro de Enxeñeiros Sen Fronteiras.
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo ás 13 h na Sala de Xuntas da EPSE.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.
A relevancia da documentación xudicial nos estudos de xénero: o caso das “espontáneas”
Charla e visita á mostra: A relevancia da documentación xudicial nos estudos de xénero: o caso das “espontáneas”.
- Data, horario e lugar: Martes, 8 de marzo, ás 18 h na sala de conferencias do arquivo.
- Participan: Désirée Mª Domínguez Pallas, directora do arquivo e Ángel Arcay Barral, investigador e actual arquiveiro do concello de Santiago.
- Asistencia: Confirmación previa de asistencia: arquivo.historico [at] usc.es (arquivo[dot]historico[at]usc[dot]es) ou 881 812 880.
- Organiza: Arquivo Histórico Universitario.
Encontro de mulleres do mar
Seminario web: Encontro de mulleres traballadoras do mar. A través de Zoom, ligazón.
- Data e horario: Martes, 8 de marzo, ás 16 h.
- Organiza: EqualSea Lab do CRETUS.
Conferencia: A primeira enxeñeira de Montes de Galicia
Conferencia a cargo de Isabel Fernández García, catedrática de Química Inorgánica, e clausura da exposición “A muller e a nena na enxeñarÍa e na ciencia”.
- Data, horario e lugar: Mércores, 9 de marzo, ás 12.30 h no Salón de Actos da EPSE.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.
Conferencia: Mulleres e Química
A cargo de Xoana Pintos Barral.
- Data e lugar: Mércores, 9 de marzo, ás 13 h na Aula Magna da Facultade de Química.
- Organiza: Comision de Xénero da Facultade de Química.
Proxección e debate: Buda explotó por vergüenza
Proxección de Buda explotó por vergüenza de Hana Makhmalbaf (2007). Ciclo de Cinema Filosófico.
- Data e lugar: Mércores, 9 de marzo, ás 18 h na Facultade de Filosofía.
Conferencia: As mulleres filósofas e súa importancia histórica na corrente filosófica analítica
A cargo de Xavier de Donato Rodríguez, profesor da USC. Ciclo de Conferencias Abertas.
- Data, horario e lugar: Xoves, 10 de marzo, ás 19.30 h na Facultade de Filosofía.
Conferencia: Non as esquezas. traballos das mulleres galegas
A cargo de Mari Carmen Casasnovas, vicepresidenta da Área de Mulleres da Federación de Veciños de Lugo.
- Data, horario e lugar: Venres, 11 de marzo, ás 12 h no Salón de Graos da Facultade.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de ADE.
- Máis información: Non as esquezas: traballos das mulleres galegas.
Conferencia: Feminismo, coñecemento e valor na cultura-rede. VII Xornada Mulleres na Ciencia
A cargo de Remedios Zafra, escritora e investigadora do Instituto de Filosofía-CSIC.
VII Xornada Mulleres na Ciencia.
- Data, horario e lugar: Xoves, 31 de marzo, ás 16 h a través de MS-Teams.
- Inscrición: Formulario de inscrición previa
- Organizan: Oficina de Igualdade de Xénero e Asociación AMIT-Gal.
Exposición: Mulleres na Psicoloxía
- Lugar: Andar 1-Módulo A da Facultade de Psicoloxía.
Exposición: Porque elas foron, nós seremos
Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de Relacións Laborais.
Exposición: Mulleres economistas
Novo póster: Karin Kock.
- Lugar: Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Convocatoria: III Edición dos premios M.ª Carmen Guisán e M.ª Xose Rodríguez Galdo
III Edición dos premios M.ª Carmen Guisán e M.ª Xose Rodríguez Galdo aos mellores TFG ou TFM que inclúan a perpectiva de xénero.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.