Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

O XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas pon o foco nos ‘Camiños de América’

De esquerda a dereita, Román Rodríguez, Ascensión Martínez Riaza, Antonio López, Pilar Cagiao Vila e Ramón Villares. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Román Rodríguez, Ascensión Martínez Riaza, Antonio López, Pilar Cagiao Vila e Ramón Villares. FOTO: Santi Alvite
Ata o 16 de xuño, a USC reúne a máis de 300 participantes de 120 institucións e 27 países de América Latina, Europa, Asia e África, grazas á combinación das modalidades presencial e virtual
Santiago de Compostela

‘Os Camiños de América’ é o lema baixo o cal se desenvolve na USC o XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas. Entre o 14 e o 16 de xuño, celébranse 32 simposios temáticos que abranguen diferentes aspectos e épocas da historia de América, prestando especial atención ás relacións específicas con Galicia.

O foro conta con máis de 300 participantes —115 presenciais e 196 virtuais— de 120 institucións e 27 países de América Latina, Europa, Asia e África, grazas á combinación das modalidades presencial e virtual.

Inauguración

No acto inaugural que se desenvolveu este luns, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e presidido polo reitor Antonio López, tomaron parte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; Pilar Cagiao Vila, coordinadora do Comité Organizador do Congreso; e Ascensión Martínez Riaza, presidenta da Asociación Española de Americanistas. O relatorio inaugural titulado ‘América e a identidade de Galicia: unha visión dende dúas beiras’ correu a cargo do profesor Ramón Villares, xunto con Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires.

Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires (sentado), antes de pronunciar o relatorio inaugural. FOTO: Santi Alvite
Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires (sentado), antes de pronunciar o relatorio inaugural. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2021.