Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

As sesións de Orientación Profesional prepararán o estudantado na súa transición ao eido laboral do 18 ao 21 de marzo

A inscrición de cada actividade estará aberta ata completar a capacidade do espazo. FOTO: Santi Alvite
A inscrición de cada actividade estará aberta ata completar a capacidade do espazo. FOTO: Santi Alvite
Todas as actividades desenvolveranse de forma presencial na Facultade de Dereito e a inscrición xa pode formalizarse a través da Secretaría Virtual
Santiago de Compostela

As Xornadas de Orientación Profesional prepararán o estudantado de último curso de grao e mestrado, e titulados recentes, para a súa transición ao ámbito laboral. Baixo esta premisa, a Área de Orientación Laboral e Emprego bota a andar estas sesións o vindeiro 18 de marzo, a partir das 9.30 horas. A inscrición para a primeira das xornadas que se centrará nos programas de prácticas e bolsas a nivel autonómico, estatal e internacional, pode formalizarse a través da secretaría virtual. Todas as actividades desenvolveranse de forma presencial na Aula Seminario de Economía da Facultade de Dereito.

A segunda xornada que tamén terá lugar o día 18 comezará ás 12.00 horas e servirá para abordar a elaboración do currículo e a carta de presentación. A terceira das sesións tratará a rede social LinkedIn como ferramenta para a busca de emprego e desenvolverase o día 19 ás 10.00 horas. O 20 de marzo será a quenda das estratexias para potenciar as competencias na busca de emprego. A sesión comezará ás 16.30 horas. A derradeira das xornadas terá lugar o 21 de marzo, ás 10.00 horas, e centrarase en como acometer os procesos de selección.

A inscrición de cada actividade estará aberta ata completar a capacidade do espazo. Pode obterse máis información contactando coa Área de Orientación Laboral da USC no mail orientacion.laboral@usc.es, ou no teléfono 8818 12850.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2024.