Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Un seminario en Filoloxía estuda as escritoras contemporáneas nas Illas Británicas

Co título ‘ Women’ s Tales in Motion: Contemporary Writing in the British Isles’desenvolverase en Filoloxía entre este mércores 4 e o venres 6 de marzo un seminario internacional no que participarán especialistas das universidades galegas, de Londres, American of Paris e Almería. O seminario, que comeza ás 9.30 horas, ten como eixes dous proxectos nacionais de investigación sobre muller e literatura do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC: ‘ Ex-sistere: A mobilidade das mulleres nas literaturas galega e irlandesa contemporáneas’que coordina Manuela Palacios e ‘Contos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas’ coordinado por Laura Lojo e Jorge Sacido. Esta actividade realízase en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo no marco da Rede Lingua e Literatura Inglesa II e na súa organización participan a facultade de Filoloxía, o departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, o grupo de investigación da USC ‘Discurso e identidade’ e a Oficina de Igualdade de Xénero da universidade compostelá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2015.