Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Este sábado graduouse a décimo quinta promoción de ESTALMAT-Galicia

Participantes na xornada de clausura celebrada en Matemáticas. Foto: Santi Alvite
Participantes na xornada de clausura celebrada en Matemáticas. Foto: Santi Alvite
A Facultade de Matemáticas acolle o acto de clausura do curso de ESTALMAT-Pi
Santiago de Compostela

Este sábado 22 na Facultade de Matemáticas completou o seu período formativo a décimo quinta promoción de Estalmat Galicia, un grupo que iniciou a súa andaina en 2022. Neste terceiro curso, denominado ESTALMAT-Pi, participaron 23 dos 30 estudantes que conformaron inicialmente a promoción.

O acto propiamente de clausura presidiuno a secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella. Participaron ademais a decana da Facultade de Matemáticas e presidenta de Estalmat-Galicia, Mª Elena Vázquez Cendón; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa; a responsable de Relacións e Actividades coas Familias do programa, Trinidad Pérez López, e a coordinadora académica de Estalmat-Galicia, Sandra Díaz Mouro. As familias presentaron un vídeo conmemorativo dos tres cursos da promoción no programa. Previo a este acto, o alumnado da promoción e as súas familias visitaron as instalacións do CESGA.

O programa Estalmat de estímulo do talento matemático, avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, conta co apoio da USC, da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, da Axencia Galega de Innovación e das Deputacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e CASIO, que doou a cada estudante unha das súas calculadoras científicas ademais de organizar unha sesión explicativa sobre o seu manexo. Colabora tamén o Centro de Supercomputación de Galicia e o CITMAGA.  

O proxecto ESTALMAT-Galicia é desde o pasado ano unha das actividades da USC á que se dedican fondos desde o programa de mecenado SUMO Valor. Este programa está pilotado por membros da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e de distintos centros de ensino secundario de Galicia, contando con profesorado das tres universidades galegas.
 

Orla da décimo quinta edición de Estalmat Pi
Orla da décimo quinta edición de Estalmat Pi
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2025.