Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Resolto o certame audiovisual ‘Petiscos de Ciencia’ do Campus de Lugo

Cartel do certame 'Petiscos de Ciencia'
Cartel do certame 'Petiscos de Ciencia'
A iniciativa recoñece cada ano traballos que atendan cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia
Lugo

Yara Candia Cabana, Laura Guizán Sánchez e Ana Montenegro Teijido, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, son as gañadoras do primeiro premio do certame audiovisual ‘Petiscos de Ciencia’ polo vídeo ‘Máquinas simples’. Esta iniciativa impulsada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, diríxese a estudantado de ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma, individualmente ou en grupos de como máximo tres persoas, coordinados por persoal docente. Para participar cumpría presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atendese cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia. 

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Máquinas simples

Premios

O segundo premio do certame recaeu en Aya Abattouy e Darlien Sosa Paulino, do IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras, polo vídeo ‘O magosto e a lei de Gay-Lussac’; mentres que o terceiro foi para Liliang Martínez Rodríguez do IES Laxeiro de Lalín, polo vídeo ‘A fluorescencia’. En total, a través deste certame, repártense 500 euros en premios: agasallo por valor de 250 euros para o equipo que acadou o primeiro posto, por valor de 150 para o segundo, e de 100 para o terceiro. Os premios entregaranse no marco do acto que a Facultade de Ciencias do Campus de Lugo vai organizar para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna 2025.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
O magosto e a lei de Gay Lussac
Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
A Fluorescencia
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2025.