Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A segunda promoción do grao en Enxeñaría Informática celebra o acto de fin de carreira

A segunda promoción do grao en Enxeñaría Informática da Universidade de Santiago celebra este venres 6 o acto de fin de carreira que presidirá o reitor Juan Casares Long ás 19:00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). O programa contempla a intervención do director da ETSE, Juan M. Lema; da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta da Galicia, Mar Pereira Álvarez; do director do Departamento de Electrónica e Computación, Francisco Fernández Rivera; do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Marcos J. Mata Mansilla; de José Varela Pet, padriño da promoción; do coordinador da titulación, David López Vilariño; e de David Noya Hervás e Sara Fariña Baúlo en nome dos alumnos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.05.2011.