Ir o contido principal

O profesor Roberto Blanco Valdés, recoñecido co IX Premio José Luis Alvite de columnismo de opinión

O galardón concédeo a Asociación de Periodistas de Galicia (APG)

O catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago, Roberto Blanco Valdés, foi recoñecido co IX Premio José Luis Alvite de columnismo de opinión da Asociación de Periodistas de Galicia (APG). O galardón entregaráselle nun acto público o vindeiro 7 de maio ás 19.30 na sede de Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar).

O xurado decidiu concederllo por unanimidade pola “súa valentía, así como a súa voz libre e documentada, para comentar a realidade socio-política cunha visión crítica, comprometida co pluralismo, a liberdade e a democracia”.

Ademais da súa actividade académica, Blanco Valdés desenvolve desde hai años un activo labor xornalístico como analista político en La Voz de Galicia, desde a súa su columna ‘El ojo público’, e como comentarista en diferentes medios de comunicación, como Televisión de Galicia (TVG), Radio Galega (RG) ou Radio Voz. É tamén autor dunha vintena de libros sobre constitucionalismo, historia e teoría política, federalismo e organización territorial, xunto a máis dun centenar de traballos e ensaios publicados en libros colectivos e revistas especializadas como Claves de Razón Práctica, El Noticiero de las Ideas, Revista de Libros o Letras Libres.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2024.