Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

O profesor Marcelino Agís intervén en Francia nun coloquio internacional sobre o filósofo Paul Ricoeur

O profesor da Facultade de Filosofía da USC Marcelino Agís Villaverde intervén como relator este xoves nun coloquio internacional que sobre o filósofo e pensador Paul Ricoeur se desenvolve na Universidade de Rennes.
O encontro, que pretende ser unha homenaxe ao que foi un dos grandes filósofos franceses, reúne a numerosos especialistas e interesados na materia que asisten durante dúas xornadas a intervencións de expertos chegados de todas as partes do mundo.
O profesor Agís Villaverde, único representante español no coloquio, participa cunha conferencia sobre a interpretación do infinito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.10.2007.