Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Preséntase o luns o IX Curso de Primavera da USC ‘A crise de occidente, unha visión multidisciplinar’

Os contidos e os relatores convidados a participar no IX Curso de Primavera da USC, que se desenvolverá na Facultade de Humanidades do campus de Lugo entre o 8 e o 10 de maio baixo o título ‘ A crise de occidente, unha visión mutidisciplinar’, daranse a coñecer o vindeiro luns día 15, no marco dun acto de presentación deste seminario, financiado a través do convenio Lugo Cultural, que se celebrará no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón; o deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director do Curso, Xaquín Rodríguez Campos, serán os encargados de presentar a nova edición deste Curso de Primavera da USC.

Trátase dun foro de debate e análise que congregará a preto de vinte relatores na Facultade de Humanidades e, nesta edición, contará coa participación de recoñecidos especialistas internacionais como o director de Le Monde Diplomatique, Ignacio Ramonet ou o exdirixente da Unesco, Federico Mayor Zaragoza, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2013.