Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A Pontificia Universidade Católica de Chile coedita con Edicións USC a obra 'De Compostela a los Andes. Santiago vive'

Portada da edición coa Universidade chilena
Portada da edición coa Universidade chilena
O volume, da autoría da profesora chilena Olaya Sanfuentes, xa o editara Edicións e USC e mailo Consorcio de Santiago

Considerado o potencial de interese e impacto en Chile da obra De Compostela a los Andes. Santiago vive, editada hai un ano por Edicións USC e o Consorcio de Santiago, a Pontificia Universidade Católica de Chile decidiu coeditar, tamén coa USC, esta obra da profesora titular de Historia da Arte desa Universidade, Olaya Sanfuentes, que ademais é Master of Arts pola Universidade de Georgetown e doutora pola Autónoma de Barcelona.

Logo da súa presentación en Santiago, e co propósito tamén de facilitar a súa difusión en xeral en toda Iberoamérica, o director de Edicións USC, Juan L. Blanco Valdés, recabou a autorización do Consorcio para esta nova coedición. Tanto el como a directora de Ediciones UC, Mª Angélica Zegers, manifestaron a súa máis profunda satisfacción por un proxecto que, grazas a un exhaustivo e rigoroso estudo do imaxinario da figura do apóstolo en Iberoamérica, “une dous Santiagos, Chile e Compostela, nun fluxo de colaboración de mutuo beneficio, prestixio e impacto internacional”.

Con este libro Olaya Sanfuentes segue o ronsel que deixa Santiago entre os que o empregaron nas súas estratexias de poder ou os que o veneran pola súa confianza na relixión, dende España ata América. A autora desenvolve a idea de que Santiago é un personaxe cuxos usos e devocións se insiren en múltiples eidos (a iconografía, a historia, o sagrado...), nun espazo dinámico (o da xeografía cultural) e plasmado en prácticas (nomear, rezar, ofrecer, bailar, vestir, cantar, sacrificar, peregrinar...).
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2025.