Ir o contido principal

Óptica e Optometría súmase á conmemoración do Día Mundial da Visión

A comunidade do centro conmemorou este xoves o Día Mundial da Visión
A comunidade do centro conmemorou este xoves o Día Mundial da Visión
Este ano a efeméride céntrase no coidado da vista da rapazada

A Facultade de Óptica e Optometría conmemorou este xoves o Día Mundial da Visión para recalcar a importancia da saúde visual na poboación e o papel imprescindible dos profesionais desta especialidade na atención primaria. Neste ano, a efeméride céntrase no coidado da vista dos máis pequenos e o centro quixo chamar a atención sobre a responsabilidade do centro na formación de profesionais da óptica e a optometría e de persoal sanitario de atención visual primaria.

Dende a Facultade lembran os esforzo que se está a realizar para achegar a unha xeración de rapazada e as súas familias toda a información necesaria para coidar a súa visión: dende reducir o tempo fronte á pantallas, ata darlle maior importancia a desenvolver actividades ao aire libre, pasando pola busca de axuda en profesionais da visión ante calquera problema ou molestia visual. Neste senso, profesionais da Óptica e a Optometría sinalan que a intervención temperá e o coidado regular da vista son fundamentais para potenciar as capacidades educativas e sociais. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2024.