Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A mostra 'Xente no Camiño (II)', de Alfredo Erias, pecha as súas portas en Fonseca o día 25

A exposición ‘Xente no Camiño (II)’, de Alfredo Erias, pechará as súas portas no Colexio de Fonseca o vindeiro xoves, día 25. A mostra, producida e patrocinada pola Deputación Provincial da Coruña en colaboración coa USC, recolle un total de 54 cadros que recollen a visión particular do autor sobre a Baixa Idade Media.
Trátase dunha serie de obras moi singulares e persoais cunha estética moi definida: imaxes de bispos, cabaleiros, reis e raíñas, nobres ou escenas costumistas, de gran viveza cromática, con figuras de carácter escultural, enmarcadas en arcos de medio punto que dan unidade á exposición converténdoa nunha especie de retablo. Erias, pintor, debuxante e gravador, é ademais responsable do Arquivo e da Biblioteca Municipais de Betanzos, do Museo das Mariñas e da revista de investigación Anuario Brigantino.
Erias, debuxante arqueolóxico e gravador, é ademais responsable do Arquivo e da Biblioteca Municipais de Betanzos, do Museo das Mariñas e da revista de investigación Anuario Brigantino.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2007.