Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Graduación da quinta promoción do grao en Enxeñaría Informática

A quinta promoción do grao en Enxeñaría Informática celebrará este venres 13 o seu acto de graduación nunha xornada que presidirá a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, a partir das 18.30 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE). No inicio do acto, Sabela Alexandra Sobrino San Martín, Jorge Alberto Suárez Garea e Jesús Gianzo Villaverde tomarán a palabra en nome do alumnado da promoción, para continuar coas intervencións da profesora Dora Blanco Heras e do profesor Anselmo Tomás Fernández Pena, padriños da promoción. Deseguido, intervirán o coordinador do grao, o profesor José Varela Pet; o director do Departamento de Electrónica e Computación, Francisco Fernández Rivera; o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información, Paulo Félix Lamas; e o director da ETSE, Antonio Mosquera González. A entrega de diplomas porá o peche do acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2014.