Ir o contido principal

Filosofía conmemorará o luns a festividade do seu patrón San Isidoro de Sevilla

Filosofía conmemorará o luns 6 a festividade do seu patrón, San Isidoro de Sevilla, cun acto académico no que, a partir das 12.00 horas, o profesor Luis Rodríguez Camarero pronunciará a lección maxistral ‘O desenvolvemento da comprensión do ser humano e dos animais na Modernidade e a Ilustración’. O profesor Rodríguez Camarero, especialista en Filosofía Moderna e Filosofía da Natureza, xubilouse no curso 2015/2016 como profesor titular do Departamento de Filosofía e Antropoloxía.

Unha vez rematado a lección e o posterior coloquio, ás 13.15 horas comezará a presentación do libro L'Homme-Machine: Filósofos, animais e máquinas. Homenaxe ao profesor Dr. D. Luis Rodríguez Camarero (E. Humus, 2018), coordinado polos profesores Martín González Fernández, Oscar Parcero Oubiña e polo investigador Jorge Cendón Conde. Esta xornada estará aberta a todo o público interesado, a quen se entregará un exemplar da lección maxistral impresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2019.