A Facultade de Filosofía da USC organiza a cuarta edición dos Encontros Galegos de Filosofía
O concepto da historia nas teses de Walter Benjamin será a cuestión a tratar na cuarta edición dos Encontros Galegos de Filosofía ‘Pensar após Auschwitz’ que comezará este venres, día 30, ás 18:00 horas na Facultade de Filosofía da USC da man do investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas, Manuel-Reyes Mate Rupérez.
A seguinte edición do encontro celebrarase na mesma facultade os días 4 e 11 de maio. Nestas xuntanzas, dous expertos analizarán a obra de Nietzche en relación coa educación do século XXI. Todos os interesados en asistir a estas conferencias deberán anotarse no citado centro onde o prazo de inscrición xa está aberto.
O Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social xunto coa Sociedade Galega de Filosofía organiza estes encontros en colaboración co Centro de Filosofía para Nenos e Nenas de Galicia, o Grupo Enxergo de Dialéctica da Filosofía, o Grupo Nexos e a Área de Pensamento do Seminario de Estudos Galegos.