Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

O experto Giorgio Franceschetti reflexiona sobre o electromagnetismo dende o punto de vista da seguridade nacional

O experto Giorgio Franceschetti reflexiona sobre o electromagnetismo dende o punto de vista da seguridade nacional
O experto Giorgio Franceschetti reflexiona sobre o electromagnetismo dende o punto de vista da seguridade nacional

O reputado científico experto en antenas e cuestións relacionadas coa seguridade no eido da electromagnética Giorgio Franceschetti pronunciou este martes 17 unha conferencia na Facultade de Física na que analizou a Seguridade Nacional nos Estados Unidos a raíz dos atentados do 11-S e como cambiou a súa concepción. No acto, acompañaron ao experto o reitor Juan Casares, o decano Luis Miguel Varela Cabo e o profesor do centro Francisco Ares.

Na súa intervención na Aula Magna do centro, Franceschett explicou o concepto ‘Homeland Security’ (Seguridade Nacional) que nace oficialmente o 11 de setembro de 2001 e que supuxo un cambio estratéxico na maneira de entender e implementar todas as cuestións relacionadas coa seguridade.

Como explicou, inicialmente a seguridade se limitaba á vixilancia das ameazas terroristas para estenderse logo á previsión e á posible limitación dos danos xerados por desastres naturais. Máis recentemente recoñeceuse a necesidade de mellorar a resistencia das arquitecturas real e virtual que son a base da sociedade actual asegurando ao tempo o pleno respecto á intimidade.

Precisamente é neste campo onde se manexa con solvencia o profesor italiano, merecedor de numerosos premios de carácter internacional que hoxe desenvolve a súa actividade investigadora nun proxecto relacionado con radares e seguridade. De aí que na conferencia se dispoña a clasificar posibles ameazas á vez que formular algún caso real no que quede patente a diferente concepción que hoxe se ten no mundo das palabras ‘patria’ e ‘seguridade’. Giorgio Franceschetti é profesor emérito da Universidade Federico II de Nápoles, científico visitante distinguido no Jet Propulsion Laboratory da NASA e presidente do Instituto Italiano de Navegación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2012.