Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Un equipo de Economía Financeira estuda a xestión do risco e o aseguramento nas empresas galegas

Un equipo de Economía Financeira estuda a xestión do risco e o aseguramento nas empresas galegas
Un equipo de Economía Financeira estuda a xestión do risco e o aseguramento nas empresas galegas
USC e Fundación Inade asinaron un contrato para o desenvolvemento deste estudo

O reitor Antonio López e o presidente do Padroado da Fundación Inade (Instituto Atlántico del Seguro), Antonio Cobián Varela, asinaron este luns 25 un contrato para o desenvolvemento dun estudo sobre ‘Xestión do Risco e o aseguramento nas Empresas Galegas’.

Cunha duración prevista dun ano, o responsable do desenvolvemento e supervisión dos traballos por parte da USC, será o profesor Luís Otero González, membro do grupo de investigación VALFINAP-Valoración financeira aplicada e adscrito ao Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O traballo consistirá nun estudo sobre a Xestión do Risco e o aseguramento nas Empresas Galegas incluíndo unha avaliación da xestión do risco na empresa; estándares da xestión de riscos (COSO II e ISO 31.000); o proceso de xestión e a gobernanza do risco; a situación da xestión do risco nas empresas galegas; e o seu impacto nos resultados da empresa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2019.