Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Entrega do premio do concurso de creación do logotipo oficial para celebrar o 150 Aniversario da Facultade de Farmacia da USC

O licenciado en Historia pola USC José Luís Álvarez Fernández recollerá este venres, día 12, o premio de 750 euros que lle correspondeu por gañar o Concurso de creación dun logotipo oficial para a celebración do 150 Aniversario da Facultade de Farmacia da USC. O acto de entrega celebrarase ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia baixo a presidencia do decano do centro, José Miñones Trillo.
O traballo que presentou José Luís Álvarez, de A Guarda (Pontevedra), levaba por lema ‘Alfer’ e nel utiliza a serpe como referente simbólico, relacionando ao espectador coa actividade científica en cuestión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2007.