Ir o contido principal

Dous TFG defendidos por estudantes da USC, premiados no décimo concurso TFG.eduso

Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur. FOTO: Santi Alvite
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia galardoou neste certame os traballos de fin de grao de Alba Jamardo Senín e Inés Merayo Fernández

As estudantes da USC Alba Jamardo Senín na categoría Educación Social Estendida e Inés Merayo Fernández na de Educación Social Escondida gañaron senllos premios no décimo concurso TFG.eduso convocado polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG). O certame pretende visibilizar a calidade dos traballos realizados polo estudantado galego de Educación Social e os desta edición foron realizados durante o curso 2022/2023.

O traballo de fin de grao de Alba Jamardo titúlase ‘A integración escolar dos menores en protección residencial. O caso da Casa de Familia Laura Vicuña’, dirixido por Laura Varela Crespo. O TFG de Inés Merayo leva por título ‘Educación e societarismo obreiro. Un estudo de caso histórico: A Coruña (1886-1936)’ e foi dirixido por Rita Gradaílle Pernas.

Así mesmo, recibiu unha mención especial o TFG de Irene Kallinteris Abreu titulado ‘Saberes en perigo de extinción: un repaso polas prácticas sostibles das persoas maiores no rural’, dirixido por Esther Pérez Enríquez no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2024.