Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

A Cátedra de Enfermidades Metabólicas Hereditarias da USC convoca tres bolsas de matrícula para a segunda edición do máster propio sobre este tipo de doenzas

A iniciativa conta coa colaboración de Sanofi-Genzyme

A cátedra de Enfermidades Metabólicas da USC coa colaboración de Sanofi Genzyme convoca tres bolsas para titulados/as matriculados no mestrado propio de Enfermidades Metabólicas Hereditarias 2019 aos que cubrirá o importe da matrícula.

O obxectivo deste posgrao é proporcionar unha perspectiva global deste tipo de doenzas en todas as etapas da vida, posibilitar que os erros innatos do metabolismo sexan un campo máis accesible aos profesionais sanitarios e que lle supoño un reforzo na diagnose diferencial e na atención aos pacientes. Tamén busca poñer en contacto ao alumnado cos avances na diagnose, tratamento e investigación das principais enfermidades metabólicas hereditarias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2018.