Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Aberto ata o domingo o prazo para inscribirse nas Xornadas Deportivas e Dinamizadoras da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

As xornadas inclúen deportes coma o baloncesto. FOTO: Santi Alvite
As xornadas inclúen deportes coma o baloncesto. FOTO: Santi Alvite
A oferta inclúe actividades individuais ou por equipos de xadrez, fútbol-7, baloncesto 3x3, petanca e os videoxogos Super Smash Bros. e mais Mario Kart Wii

As Xornadas Deportivas e Dinamizadoras ETSE 2024 desenvolveranse ao longo da vindeira semana dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria e con inscrición gratuíta. Nestas xornadas, nas que é preciso inscribirse previamente antes do domingo 21 ás 18.00 horas para poder participar, están previstos unha serie de torneos e actividades sobre xadrez, fútbol 7, baloncesto 3x3, petanca, Super Smash Bros. e Mario Kart Wii.

Esta é unha actividade promovida pola Representación do Estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. O programa de actividades comeza o luns 22 coa fase clasificatoria dos torneos de xadrez e fútbol-7, para continuar o martes 23 co de baloncesto e o mércores co de petanca. A xornada do xoves será a quenda dedicada a videoxogos.

Os premios en cada unha das categorías entregaranse nunha gala o xoves 25 a partir das 19.00 horas no Salón de Actos da ETSE. A iniciativa conta co financiamento da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e a colaboración da ETSE e a Área Deportiva.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2024.