Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Aberta a inscrición nun encontro do IGFAE que mostrará as oportunidades profesionais no eido da ciencia de datos

O evento desenvolverase no CEA entre os días 3 e 7 de xuño
O evento desenvolverase no CEA entre os días 3 e 7 de xuño
Organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, desenvolverase en xuño no Centro de Estudos Avanzados da USC

O Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago será entre o 3 e 7 de xuño a sede da conferencia Data Science in Fundamental Physics and the bridge to industry & society, organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). A inscrición no evento está xa aberta.

A reunión pretende amosar o amplo abano de oportunidades profesionais no eido da ciencia de datos. Farao a través dunha escola a desenvolver entre o 3 e o 5 de xuño, enfocada a estudantes de máster e doutoramento, e un simposio no que participarán os días 6 e 7 de xuño máis de 20 empresas de diversos sectores que utilizan a ciencia de datos na súa actividade cotiá. Durante este evento exploraranse tamén as relacións entre academia e industria, fomentando colaboracións, proxectos conxuntos e oportunidades de financiamento.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2024.