Ir o contido principal

Axenda Feminista 8M

A revolución silenciosa do éxodo rural feminino, a debate na EPS de Enxeñaría

A investigadora Rocío Toxo Asorey e Consuelo López Rodríguez, de Gandería Quintián, tratarán a problemática derivada da marcha das mulleres das aldeas cara as vilas e cidades nunha sesión aberta promovida polo colectivo Proxéctate en Galego

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A revolución silenciosa que está a deparar ao éxodo das mulleres ao medio rural centrará o martes 3 de marzo, a partir das 19.00 horas, na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, a temática dos ‘Encontros de Lúa Chea’, un foro de análise e debate sobre asuntos de actualidade promovido polo colectivo Proxéctate en Galego.

A sesión programada para o mes de marzo contará como relatores convidados coa investigadora predoutoral Rocío Toxo Asorey, quen tamén é coautora dun estudo recente sobre as migracións actuais no rural galego, e con Consuelo López Rodríguez, de Gandería Quintián, en O Páramo. Toxo Asorey aproveitará a súa intervención neste foro aberto ao público para abordar esta situación de éxodo feminino desde un enfoque analítico e apoiado en datos. Asemade, López Rodríguez achegará ao debate a súa experiencia de emprendemento no medio rural.

Os ‘Encontros de Lúa Chea’ poñen de novo o seu foco no despoboamento rural co obxecto de rescatar para o debate unha situación que non deixa de agravarse desde hai décadas e que parece ter chegado xa a un punto sen retorno. Daquela, logo de múltiples reflexións sobre as causas e tamén sobre posibles solucións acaídas para mitigar o abandono do medio rural, Proxéctate en Galego centra agora a análise das razóns que fan que as mulleres, especialmente as máis novas, protagonicen a maioría dos casos de persoas que marchan das aldeas cara as vilas e cidades.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2020.