
Enmarcado no Ciclo Pasados Incómodos que organiza e dirixe o Grupo HISTAGRA da USC, o 26 de marzo terá lugar a presentación da publicación Hasta su total exterminio. La guerra antipartisana en España, 1936-1952, obra do investigador Arnau Fernández Pasalodos. O acto será ás 19.00 horas na Aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia.
Fernández Pasalodos (Barcelona, 1995) é doutor en historia contemporánea pola Universitat Autònoma de Barcelona. Foi investigador posdoutoral no University College de Dublín e formou parte do equipo de traballo do proxecto ERC Civil Wars dirixido polo profesor Robert Gerwarth. Actualmente é profesor na Universidade de Granada.
A guerra civil española, tradicionalmente delimitada entre os anos 1936 e 1939, tivo outro rostro: o da guerra irregular, un enfrontamento de características moi diferentes que ademais se prolongou ata 1952. Neste libro, Arnau Fernández Pasalodos penétrase nela e nas dinámicas que determinaron o funcionamento da Benemérita durante o primeiro franquismo.