Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Presentación do libro ‘El calibrador de estrellas’

31.03.2025 | 19.00h

Salón de Actos

Portada do libro
Portada do libro

O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle o 31 de marzo ás 19.00 horas o acto de presentación do libro El calibrador de estrellas, do escritor e consultor de negocios especializado en China Julio Ceballos, e editado por Planeta. Autor do bestseller Observar el arroz crecer do que agora sae a 6ª edición, Ceballos estará acompañado do director do Idega da USC e vicepresidente da Unión Xeográfica internacional, Rubén Lois. O acto é de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A obra, definida polo autor como un manual de «aprendizaxes chinesas para Occidente no século XXI», ofrece unha visión única sobre como Oriente pode axudarnos a entender e afrontar os desafíos do mundo actual.  

El calibrador de estrellas (Ariel) toma o seu nome dun antigo instrumento de navegación marítima e tamén do que é considerado o poema máis complexo da historia. A partir destes dous conceptos, Ceballos estrutura o libro arredor de 18 plug-ins, complementos ou ensinanzas para comprender China como un referente estratéxico no contexto global actual.

Julio Ceballos, residente en China desde 2006, é un dos máis reputados expertos en negocios e cultura do país asiático. A presentación do libro en Santiago de Compostela converterase nunha oportunidade única para achegarse á realidade chinesa de primeira man. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.