Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

III Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía

24.04.2025 | 16.30h-18.40h

Salón de Actos

A inscrición está aberta ata o 24 de abril

Estudantes entrando en Psicoloxía. Foto: Santi Alvite
Estudantes entrando en Psicoloxía. Foto: Santi Alvite

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza a terceira edición das 'Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía', un encontro que se desenvolverá o 24 de abril no centro e no que se tratarán os beneficios do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.

No encontro, o técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC Manuel Bermúdez Blanco presentará nun relatorio o Regulamento de usos lingüísticos da institución, facendo especial énfase en como afecta á actividade nas aulas. A seguir, o profesor ad honorem da USC Onésimo Juncos Rabadán  falará  sobre o bilingüismo e as afasias.

Por ultimo, está prevista unha mesa de experiencias coa vogal da xunta de goberno do Colexio de Psicoloxía de Galicia e membro da xunta directiva da sección de Psicoloxía Educativa Mª Begoña Castro Iglesias, a psicóloga-neuropsicóloga e directora de Dano Cerebral Compostela, Rocío García Calvo, e a experta en electroencefalografía clínica e técnicas de bio e neurofeedback Ana Buján Mera. As tres falarán do uso do galego na práctica profesional nos eidos da psicoloxía educativa, neuropsicoloxía e psicofisioloxía, respectivamente.

A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 23 de abril a través da Secretaría Virtual da USC para os membros da comunidade universitaria e a través deste formulario para as persoas de fóra.
 

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2025.