Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Congreso Internacional ‘Sostibilidade Ambiental e Aproveitamento dos Recursos Mariños'

28.03.2025 | 09.30h
O Congreso desenvólvese na Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite
O Congreso desenvólvese na Facultade de Dereito. Foto: Santi Alvite

Persoal experto de 16 universidades darase cita este venres 28 na Facultade de dereito no Congreso Internacional ‘Sostibilidade Ambiental e Aproveitamento dos Recursos Mariños’, no que se tratarán os desafíos xurídicos que formula a protección da diversidade biolóxica mariña e a xestión sostible dos recursos pesqueiros, tanto no eido internacional como no da Unión Europea.

O congreso forma parte das reunións científicas a desenvolver no marco do proxecto de investigación ‘Recursos mariños, sostibilidade e territorio. Implicacións para España da evolución dos réximes xurídicos da pesca e a plataforma continental ampliada’ (RECMAR), financiado pola Axencia Estatal de Investigación. Enmarcada nos XII Encontros Luso-Españois de Profesorado de Dereito Internacional e de Relacións Internacionais, está dirixido polos profesores Julio Jorge Urbina e Carlos Teijo García.

A inauguración deste encontro científico será ás 9.30 horas nun acto no que participa a subdirectora xeral de Relacións coa UE da Xunta de Galicia, Mar Rodríguez Mediavilla. A continuación terá lugar a conferencia de apertura, titulada ‘Sostebilidade ambiental e protección da biodiversidade mariña máis alá da xurisdición nacional, a cargo de Vasco Becker-Weinberg, profesor da Universidade de Lisboa e director do Instituto Portugués de Dereito do Mar.-25

O resto da xornada estrutúrase en comunicacións arredor de sesións sobre conservación dos recursos mariños e a innovación na gobernanza pesqueira global, a implicación da Unión Europea na xestión sostible dos océanos e os tribunais internacionais ante a xestión sostible dos mares e os seus recursos. A conferencia de clausura versará sobre a aplicación do Acordo BBNJ e a súa interacción con novos instrumentos internacionais da man da catedrática da USC Mª Teresa Ponte Iglesias. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.03.2025.