Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Programa ConCiencia

Conferencia: "Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas"

20.11.2019 | 19.30h-21.30h

Auditorio ABANCA, rúa Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela

Premio Nobel de Química 2015

Cartaz do acto
Cartaz do acto

O Premio Nobel de Química 2015 Tomas Lindahl, galardoado polos seus estudos mecanísticos da reparación de ADN, visitará a USC este mes de novembro no marco do Programa ConCiencia. O mércores 20, ás 19.30 horas, Lindahl pronunciará o relatorio ‘Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas’ no auditorio Abanca. Asemade, no marco da apertura do XXV Encontro galego-portugués de química, Lindahl falará da reparación de dano endóxeno do ADN e prevención do cancro.

A visita de Lindahl enmárcase nas actividades da décimo cuarta edición do Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago de Compostela, o cal conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2021.