O profesor Felipe Magalhães é o convidado da sesión do Seminario de Futuros Urbanos de ANTE e do IDEGA que terá lugar o 27 de marzo ás 19:30 na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
O profesor do Departamento de Xeografía de la Universidade Federal de Minas Gerais, en Belo Horizonte (Brasil), intervirá coa conferencia ‘Futuros urbanos en fluxo: volatilidade económica e temporalidades da precariedade urbana en América Latina’.
O relator, docente de Xeografía económica e Planificación urbana e rexional na licenciatura e o posgrao en Xeografía, traballou co universo dos movementos sociais dende finais dos anos 2000, centrándose nas loitas pola vivenda e a terra urbana, e máis recentemente no ámbito das economías populares e os circuítos da economía solidaria.
Quen non poida asistir a este encontro, poderá seguilo por videoconferencia.