Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Ferramenta de visualización de nubes de puntos LiDAR (Light Detection and Ranging).
  • Olivia é unha ferramenta de visualización de nubes de puntos LiDAR (Light Detection and Ranging), open-source, fácil de modificar por desenvolvedores e con soporte para visión 3D estereoscópica. Olivia proporciona os métodos básicos necesarios para calquera tipo de visualización de nubes de puntos, e pode ser estendido e personalizado con facilidade para axustarse aos requirimentos de calquera aplicación específica.

    O obxectivo de Olivia é proporcionar unha forma sinxela de crear visualizacións personalizadas, que permitan entender, avaliar e presentar resultados de algoritmos para procesado de nubes de puntos.

    • Autores: Jorge Martínez Sánchez, José Carlos Cabaleiro Domínguez, Francisco Manuel Fernández Rivera, Óscar García Lorenzo, David López Vilariño, Anselmo Tomás Pena Fernández.
    • Tipo de licenza: GPL 3