A difusión e promoción da oferta tecnolóxica da USC entre os potenciais interesados é clave á hora de acadar acordos de transferencia.
Desde a AVTE realízase un gran número de accións, directas e indirectas, dirixidas a dar a coñecer o noso catálogo de tecnoloxías. As actuacións indirectas diríxense a difundir de forma ampla os resultados acadados, utilizando diversas ferramentas de libre acceso dispoñibles para calquera empresa ou persoa emprendedora interesada. Pola súa banda, as accións directas céntranse en proporcionar información concreta e personalizada a empresas, previamente seleccionadas, potencialmente interesadas en explotar un resultado concreto.
- Identificación e contacto con empresas potencialmente interesadas en licenciar as tecnoloxías da USC.
- Intercambio de información mediante acordos de transferencia de material (MTA) e acordos de confidencialidade e non divulgación (CDA)
- Elaboración de propostas de licenciamento de tecnoloxías (LO).
Publicación dos resultados de investigación da USC en plataformas on line que permiten establecer relacións con empresas de todo o mundo:
- iBridgeNetwork é un escaparate tecnolóxico no que as universidades europeas y estadounidenses máis importantes promocionan as súas tecnoloxías.
- A Enterprise Europe Network está formada por máis de 600 organizacións en máis de 50 países que, dende unha perspectiva local, promoven a innovación e a competitividade das empresas, o que a converte na rede máis extensa de información e asesoramento ás empresas a nivel europeo.
- Representantes de Repsol, Novozymes e CETaqua/AGBAR reúnense con investigadores da USC para estudar vías de cooperación.
- Directivos de Johnson & Johnson e Promega manterán un encontro con investigadores da USC na procura de proxectos colaboración.
- Expertos de Google e Atos falarán na USC sobre a colaboración tecnolóxica e investigadora entre empresas e universidade.
- BIOSPAIN é a feira biotecnolóxica máis importante de Europa e unha das máis importantes a nivel mundial de acordo ao número de reunións un-a-un (2.775) e compañías participantes (762).
- TRANSBIO SUDOE é un proxecto europeo transnacional de cooperación cofinanciada polo IV programa INTERREG SUDOE e dedicado á promoción da innovación e ao establecemento de redes de cooperación no sector tecnolóxico da biotecnoloxía.
- A Lonxa de financiamento de Bioga é foro que ten por obxectivo promover o investimento produtivo no sector biotecnolóxico, permitíndolles ás persoas emprendedoras e ás empresas máis innovadoras do sector biotecnolóxico galego presentar o seu plan de negocio ante un conxunto de investidores baixo o esquema networking.