Software de análise do transporte lagranxiano en fluídos.
LAGAR (LAGrangian Analysis and Research) é un software de análise do transporte lagranxiano en fluídos.
Este software está pensado para facer estudos de predición operativos, e incluso teóricos, relacionados co problema do transporte dende o punto de vista dos sistemas dinámicos.
- Integrar millóns de partículas utilizando fluxos costeiros proporcionados por unha axencia meteorolóxica.
- Facer escenarios de emisión para saber cal vai ser a orixe e destino dunha vertedura.
- Proporcionar predicións diarias dunha vertedura de partículas dunha area. Coñecer o impacto desta.
- Analizar as propiedades caóticas dun determinado tipo de partícula integrada nun fluxo ideal.
- Analizar as estruturas do fluxo producidas por un obxecto a partir dunha simulación CFD.
- Autores: Ángel Daniel Garaboa Paz e Vicente Pérez Muñuzuri.
- Tipo de licenza: GPL 3.